Sede electrónica Concello de Cambre

14:51:30 Venres 20 de setembro 2019
Estás en:

Información

Intervención

20/12/17

Exposición ao público da aprobación inicial do orzamento de 2018 e cadro de persoal.

En sesión extraordinaria do día 14 de decembro de 2017, o Pleno desta Corporación acordou aprobar inicialmente o orzamento xeral para o exercicio de 2018 e as bases para a súa execución, así como o cadro de persoal para o mesmo exercicio.

Na Intervención desta entidade local e conforme dispoñen os artigos 112 da Lei 7/1985, do 2 de abril, e 169.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, atópase exposto ao público o expediente, o orzamento xeral inicialmente aprobado, xunto coas bases de execución, e o cadro de persoal, por espazo de quince días hábiles contados dende a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia para os efectos de reclamacións.

Durante este prazo, os interesados que estean lexitimados, poderán presentar ante o Pleno as reclamacións que consideren oportunas.

De non presentarse reclamacións, o orzamento xeral e o cadro de persoal consideraranse definitivamente aprobados. En caso contrario, o Pleno disporá dun mes, contado a partir do día seguinte á finalizacion da exposición ao público para resolver as reclamacións. Estas consideraranse denegadas se non se resolvesen no acto de aprobación definitiva

BOP    ORZAMENTO