Sede electrónica Concello de Cambre

04:01:56 Domingo 18 de agosto 2019
Estás en:

Detalle trámite

Proxedis II, Profesionais en Xeriatría e Discapacidade 2018/19

Presentación das axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea do alumnado traballador do obradoiro de emprego dual “Proxedis II, Profesionais en Xeriatría e Discapacidade 2018/19” do Concello de Cambre

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos á contratación:

  • As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas (traballadores/as autónomos/as), as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica. No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas, deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que vai aplicarse para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poder suficiente para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas, cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos esixidos para acceder ás axudas. Asemade, poderán ser beneficiarias destes incentivos as entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións), as congregacións e entidades relixiosas e restantes organizacións nas que concorran os requisitos establecidos nestas bases.
  • Que desenvolvan actividades que estean directamente relacionadas coa formación impartida no obradoiro dual de emprego Proxedis II (atención sociosanitaria no ámbito da xeriatría e/ou a discapacidade).Que sean titulares de centros de iniciativa social o de iniciativa personal (residencias, centros de día, etc.) que presten servicios de atención sociosanitaria en los ámbitos de la geriatría (mayores) y/o la discapacidad a personas en régimen de permanencia parcial, temporal o permanente.
  • Que sexan titulares de centros de iniciativa social ou de iniciativa privada (residencias, centros de día, etc.) que presten servizos de atención sociosanitaria nos ámbitos da xeriatría (maiores) e/ou a discapacidade a persoas en réxime de permanencia parcial, temporal ou permanente.
  • Que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial dos talleres duais de emprego relacionados con ocupacións ou postos de traballo vinculados á atención sociosanitaria as persoas dependentes (coidadoras/res, xerocultoras/res, auxiliares de axuda ao domicilio ou similares), na categoría profesional correspondente.

De forma telemática a través del botón “Iniciar trámite”

Nombre: Proxedis II.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)