Sede electrónica Concello de Cambre

02:32:30 Domingo 9 de maio 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de bonotaxi para persoas con diversidade funcional reducida 2021

Non hai convocatorias abertas actualmente

Axudas económicas individuais, en forma de bonos, co fin de proporcionar un medio alternativo de transporte adaptado a aquelas persoas con diversidade funcional, gravemente afectadas na súa mobilidade, e que teñan dificultades para utilizar o transporte público colectivo.

Estes bonos permiten ás persoas beneficiarias a utilización do servizo de taxi para os seus desprazamentos.

Haberá que empregar o taxi adaptado existente en Cambre ou os taxis convencionais do municipio, estes últimos sempre que resulte posible o seu emprego en virtude da discapacidade do beneficiario.

Só se poderá recorrer aos taxis adaptados doutros municipios no caso de que non haxa dispoñibilidade en Cambre ou a persoa beneficiaria non poda empregar un taxi convencional.

Poderán solicitar a subvención as persoas con discapacidade e mobilidade reducida que reúnan os seguintes requisitos (Ver Base Terceira):

  • Estar empadroado no municipio de Cambre cunha antigüidade dun ano, anterior á presentación da solicitude e permanecer de alta no padrón de habitantes municipal mentres se perciba a axuda.
  • Ser maior de 3 anos.
  • Ter recoñecida a condición legal de discapacidade en grao igual ou superior ao 33% e o baremo de mobilidade que impida empregar os transportes públicos colectivos, e así se acredite no certificado oficial do grao de discapacidade, emitido polo Equipo de Valoración e Orientación (EVO), dependente da Xunta de Galicia.
  • Non ser propietario/a, calquera membro da unidade de convivencia, de vehículo propio adaptado e no caso de telo poderán solicitar esta axuda para aqueles períodos, nos que, por causas sobrevidas debidamente xustificadas, non poidan utilizalo ou calquera outro impedimento.
  • Estar ao corrente das súas obrigas tributarias, coa seguridade social e coa facenda autonómica e local, e non atoparse inhabilitados para a obtención de subvencións públicas.
  • Non ter recoñecido este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo deste beneficio, ou non ter dereito a este servizo a través de MUFACE, ISFAS ou outra entidade.
  • Non poderá dispoñer cada membro da unidade de convivencia dunha renda per cápita anual superior ao 200% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), vixente para cada ano. Excepcionalmente poderá incrementarse o límite de ingresos nun 20% adicional, logo do informe técnico do departamento de servizos sociais.

As solicitudes poderán presentarse en calquera das oficinas de rexistro municipal (rexistro xeral da casa do concello e rexistros auxiliares da Barcala e O Temple), de xeito telemático a través da sede electrónica do Concello de Cambre (sede.cambre.es), ou en calquera outro rexistro dos establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común

Ver Base Cuarta:

Anexo I das bases, xunto a seguinte documentación (Se a persoa solicitante resultou beneficiaria da axuda económica na convocatoria de 2017 e/ou posteriores, non será preciso que achegue a documentación que se sinala nos apartados 1, 2, 3 e 4, sempre e cando non sufrira variación ningunha dende a data da súa presentación):

1. Fotocopia do libro de familia. Certificación ou copia compulsada de inscrición de matrimonio, parella de feito, unión non matrimonial ou calquera outro tipo de unidade de convivencia debidamente rexistrada.

2. Fotocopia do DNI ou no seu defecto do NIE da persoa solicitante ou do representante legal, de ser o caso. E documentación acreditativa da patria potestade ou representación legal do menor (libro de familia ou resolución xudicial).

3. Fotocopia do certificado oficial do grao de discapacidade do solicitante, expedido polo Equipo de Valoración e Orientación (EVO), no que conste o grao de discapacidade e que ten dificultades para a utilización do transporte público colectivo ou en su defecto Tarxeta acreditativa do grado de discapacidade.

4. Documentación acreditativa de ser persoa beneficiaria, no seu caso, do servizo galego autonómico de apoio á mobilidade 065.

5. Declaración xurada conforme aínda sendo persoa beneficiaria do 065 e cumprindo coas normas para acceder ao mesmo, non lle prestan o servizo.

6. Anexo II de declaración responsable da persoa beneficiaria

7. Autorización, asinada por todos os membros da unidade de convivencia computables, para que o Concello de Cambre poida solicitarlle datos tributarios á axencia tributaria relativos ao seu nivel de renda, segundo Anexo III.

A persoa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo presentar entón os certificados de cumprimento de obrigas

8. No suposto de que a persoa solicitante ou algún dos membros da unidade de convivencia non estean obrigados a presentar a declaración anual do IRPF, a xustificación de ingresos efectuarase mediante:

  • Certificados ou cartas de actualización das pensións emitidas polo Instituto da Seguridade Social ou outros organismos competentes, indicando a contía mensual que perciban os membros da unidade de convivencia que sexan pensionistas ao longo do exercicio do ano en curso, de ser o caso.
  • Fotocopia compulsada das 2 últimas nóminas dos membros da unidade de convivencia que estean traballando, de ser o caso.
  • Certificado do SEPE, no que se reflicte a contía das percepcións económicas que perciban os membros da unidade de convivencia que se atopen en situación de desemprego, de ser o caso.
  • Certificado acreditativo de desempeñar actividade formativa (incluído cursos de formación), dos maiores de 18 anos, de ser o caso.

9. No caso de que a persoa solicitante ou calquera outro membro da súa unidade de convivencia perciba rendas exentas de tributación (pensións non contributivas ou outras) ou pensións devengadas no estranxeiro, deberá aportar certificado das mesmas emitido pola entidade pagadora.

Nome: Convocatoria de axudas económicas de bonotaxi para persoas con diversidade funcional reducida, exercicio 2021.

Unidade tramitadora: Oficina de Servizos Sociais

Inicio del procedimiento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física

Órgano de resolución: Concellería delegada de Benestar Social.

Carácter silencio administrativo: 
Silencio negativo.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canle de atención: 
Presencial e Telemático