Sede electrónica Concello de Cambre

14:43:50 Venres 20 de setembro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Programa Consolida Cambre 2019. Axudas municipais á consolidación de empresas

Permite presentar electronicamente unha solicitude, escrito ou comunicación cando non exista un procedemento concreto para realizalo.
Permite presentar electronicamente unha solicitude, escrito ou comunicación cando non exista un procedemento concreto para realizalo.

Permite presentar electronicamente unha solicitude, escrito ou comunicación cando non exista un procedemento concreto para realizalo.

Permite presentar electronicamente unha solicitude, escrito ou comunicación cando non exista un procedemento concreto para realizalo.

Presentación das axudas á consolidación dos proxectos empresariais emprendidos no Concello de Cambre durante o ano 2017, con independencia da súa forma xurídica, que facilitaran a creación do posto de traballo do emprendedor ou emprendedora que os levaran a cabo.

A convocatoria de subvencións municipais á creación de empresas do Concello de Cambre, programa “Consolida Cambre 2019”, ten por obxecto apoiar a consolidación de empresas de recente creación do noso municipio e fomentar a actividade económica de acordo ao disposto na Lei 14/2013, do 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e á súa internacionalización e na Lei na Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

Poderán ser beneficiarias da axuda deste programa as persoas emprendedoras, sexan autónomas inidividuais ou socios/as de microempresa ou peme, (para a definición de microempresa e pequena empresa terase en conta o establecido no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014) que reúnan os seguintes requisitos:

a) Que se deran de alta no RETA ou nalgunha mutualidade dos colexios profesionais, ben como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, ou ben como socios/as promotores/as no caso de sociedades mercantís durante o ano 2017 e que sigan de alta, de xeito ininterrumpido dende entón ata a data de solicitude da subvención.

b) Que desenvolvan a súa actividade empresarial no Concello de Cambre nos seguintes termos:

  • En caso de desenvolver a súa actividade a través dun establecemento permanente, que este se atope radicado no termo municipal de Cambre.
  • En caso de que para o exercicio da actividade non se dispoña de establecemento permanente, que o domicilio fiscal da empresa estea no termo municipal de Cambre. En caso de autónomos individuais sen establecemento, entenderase que desenvolven a súa actividade no domicilio que apareza na alta censal (modelos 036 ou 037) ou no domicilio do solicitante.

c) Que non teñan percibido a subvención ao abeiro das convocatorias do Programa Cambre Emprende.

d) Estar ao corrente das súas obrigas fiscais co Concello de Cambre, coa Axencia Tributraria de Galicia, coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), así coma ao corrente das súas obrigas coa Seguridade Social. De conformidade co artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, e con estas bases, o Concello de Cambre solicitará as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a Facenda autonómica e o propio Concello de Cambre, para verificar o cumprimento deste apartado.

De forma telemática a través del botón “Iniciar trámite”, do 26 de agosto ata o 25 de setembro de 2019.

Nome: Consolida Cambre 2019.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: adl@cambre.org