Sede electrónica Concello de Cambre

03:46:36 Domingo 9 de maio 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de Bolsas de estudo para o curso escolar 2020-2021

Non hai convocatorias abertas actualmente

O Concello de Cambre abre o prazo de presentación de solicitudes para axudas ás familias de Cambre que cumpran determinados requisitos, sendo subvencionables os gastos derivados da compra de libros de texto, material escolar e uniformes escolares segundo o curso ao que lle corresponda:

- Alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil: Libros de texto, material escolar e uniformes escolares (de ser o caso) ou vestiario destinado á escolarización.

- Alumnado de Educación Primaria: uniformes escolares (de ser o caso) ou vestiario destinado á escolarización.

- Alumnado de Bacharelato, Formación Profesional e Educación Secundaria de Adultos: Libros de texto e material escolar.

Non se considerará material escolar para os efectos das presentes bases os gastos de investimentos e de adquisición de aparatos de novas tecnoloxías tales como ordenadores, impresoras, tablets,...

Concederanse 85 bolsas de estudo de 120,00 euros cada unha, destinadas aos alumnos do 2º ciclo de educación infantil, 66 bolsas de 50,00 euros cada unha destinadas aos alumnos de educación primaria e 30 bolsas de 150,00 euros cada unha destinadas aos alumnos de bacharelato, formación profesional e educación secundaria para adultos. 

Poderán solicitalas as familias que cumpran os seguintes requisitos: 

1) Estar empadroado/a no Concello de Cambre con anterioridade á presentación da solicitude desta axuda (polo menos o alumno cun dos proxenitores).

2) Estar matriculado/a nun centro escolar público no curso escolar obxecto da convocatoria, para o curso para o que solicita a bolsa.

3) Convivir co/a solicitante da bolsa. 

4) Pertencer a unha unidade familiar cunha renda per cápita anual igual ou inferior a 10.000,00 euros.

5) Presentar a solicitude da axuda no prazo establecido en modelo normalizado ao efecto, e achegar toda a documentación requirida.

6) Non estar incurso en ningunha das causas de incompatibilidade ou prohibición para ser beneficiario de axudas segundo o disposto no artigo 13 da Lei xeral de Subvencións.

Quedan excluídos da presente convocatoria o alumnado que curse educación secundaria obrigatoria e educación especial, durante o curso escolar obxecto da convocatoria.

Non poderán acollerse a esta convocatoria as persoas que perciban axuda do departamento de Servizos Sociais do Concello de Cambre ou doutras persoas públicas ou privadas para o mesmo concepto ou finalidade.

SOLICITUDE

As solicitudes, formuladas no modelo normalizado, dirixiranse ao Alcalde, deberá presentarse, preferiblemente, a través da sede electrónica do Concello de Cambre ou en calquera dos rexistros municipais con cita previa que deberán solicitar a través de:

- Da sede electrónica da páxina web municipal.

- Enviando un correo a cambre@cambre.org.

- Chamando ao teléfono 981 613 128.

ou por calquera das formas sinaladas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE

O prazo de presentación das solicitudes será:

- para o alumnado de educación infantil e primaria: do 17 de agosto ao 16 de setembro de 2020.

- para o alumnado de bacharelato, formación profesional e educación secundaria de adultos: do 17 de setembro ao 2 de outubro de 2020.

As solicitudes de subvención deberán presentarse no formulario de solicitude que figura como anexos nas presentes bases, que se pode descargar na páxina web municipal (www.cambre.org):

- Anexo I: Solicitude

- Anexo II: Autorización, asinada por todos os membros da unidade familiar computables maiores de idade, para que o Concello de Cambre poida solicitarlle datos tributarios á Axencia tributaria relativos ao seu nivel de renda (IRPF), así como autorización do alumno maior de idade de comprobación de estar ao corrente coas súas obrigas tributarias.

- Anexo III: Declaración xurada de estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa seguridade social do beneficiario, alumno/a maior de idade.

- Anexo IV: Declaración do solicitante de que a unidade familiar non solicitou nin percibiu outra axuda para a mesma finalidade.

- Anexo V: Autorización para solicitar datos á Administración educativa sobre a matrícula realizada no centro escolar no curso 2020/2021. 

- Autorización consulta Axencia Tributaria.

O formulario de solicitude deberá ir acompañado dos seguintes documentos que conforman a documentación propia do solicitante e/ou beneficiario/a da bolsa de estudo:

- DNI/NIE ou pasaporte do solicitante e dos/as alumnos/as beneficiarios/as (cando por idade teñan obriga de telo).

- Libro de familia ou documentación que o substitúa.

- Certificado ou documento que acredite o número IBAN de conta bancario a nome do beneficiario, ou do solicitante se aquel non dispón de conta bancaria da súa titularidade. 

- Certificado da matrícula escolar dos alumnos beneficiarios do curso escolar 2020-2021, no caso de non autorizar expresamente a cesión de datos ao Concello por parte da Administración Educativa.

- Facturas xustificativas dos gastos realizados en concepto exclusivo de material escolar, libros de texto, uniformes escolares e vestiario, emitida a nome do beneficiario, solicitante (ou cónxuxe) da bolsa de estudo. 

Deberá presentarse factura ou factura simplificada, na que deberán figurar, en todo caso, os seguintes datos:

• CIF, NIF ou NIE do establecemento.

• Datos do titular do establecemento.

• Data de expedición e número de factura.

• Data de realización da operación, se non é a mesma que a de expedición.

• Datos do beneficiario ou solicitante da bolsa de estudo (ou cónxuxe).

• Concepto do adquirido detallado. 

• Prezo unitario de cada concepto e número de unidades adquiridas

• Tipo impositivo, ou expresión “IVE incluído”.

• Importe total. 

• Deberase acreditar o pago da factura ou ben constar na mesma a expresión “PAGADO”.

A factura deberá estar individualizada por beneficiario/a (alumno/a)

Os tiquets non terán validez como xustificantes válidos de gasto.

 - Documentación acreditativa da renda dos membros da unidade familiar nos supostos de modificación da situación familiar existente no 2019 segundo o disposto na base quinta da convocatoria.

Se é o caso:

- Título de familia numerosa.

- Sentenza de separación ou divorcio, ou fotocopia do xustificante de viuvez onde conste o importe das pensión por gastos de manutención do menor ou outros.

- Certificado de minusvalía.

- Pensionistas: xustificante da pensión mensual e número de meses que a percibe.

- Perceptores do RISGA e RAI: Xustificante da contía mensual actual e fotocopia do documento de notificación da concesión. 

- Situación ERTE: documentación que acredite a situación e na que se reflicten os ingresos percibidos nese periodo e resto de ingresos percibidos fóra dese periodo no ano 2020 ata a data de presentación da solicitude.

Nota.- Os/as solicitantes deberán achegar só os orixinais dos documentos.

Se algunha documentación que se solicita nesta convocatoria xa foi presentada no Concello de Cambre na de Bolsas de Estudio 2019/2020 e está en vigor no momento de presentar a solicitude, non ten obriga de volver a presentala. Neste caso terá que indicalo na solicitude.

Poderase requirir polo Concello de Cambre calquera outra documentación complementaria á indicada que se considere necesaria para maior clarificación da situación acreditada ou compulsa da presentada se a copia simple presentada xera dúbidas de autenticidade.

Nome: Solicitude de Bolsas de estudo para o curso escolar 2020-2021.

Para máis información:

  • Chamar ao teléfono de Educación: 981 613 291
  • Ou no enderezo de correo electrónico: educacion@cambre.org

Unidade tramitadora: Intervención.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.