Sede electrónica Concello de Cambre

16:29:20 Martes 3 de agosto 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitud de Adhesión Programa "Son de Bares"

Presentación de solicitudes de adhesión ao Programa "Son de Bares" do Concello de Cambre, consistente na organización de concertos e outros eventos artísticos ao aire libre, promovidos por locais de hostalaría, ou comercios asociados que así o soliciten, co obxectivo de fomentar a convivencia veciñal a través do ocio e ao mesmo tempo, potenciar o sector servizos do municipio. O Programa desenvolverase segundo as súas bases de execución.

  • Locais de xeito individual ou asociados a outros locais, tanto comerciais coma de hostalaría.  Deste xeito, o concerto poderá desenvolerse nas inmediacións do establecemento individual ou nunha rúa, cando a solicitude sexa grupal, dun ou varios establecementos hostaleríos e comercias, e así o estime oportuno o Concello.
  • O interesado deberá presentar unha solicitude de adhesión ao programa e as súas bases, presentado unha solicitude en modelo normalizado, por cada un dos eventos que queira organizar. 
  • A solicitude presentarase cunha antelación mínima de 3 días hábiles á realización do concerto ou evento.
  • Xunto coa solcitude, que inclúe unha declaración responsable de cumprimento das condicións do Programa e asunción dos compromisos esixidos nestas bases, ademáis dunha autorización ao Concello para o tratamento dos seus datos de carácter persoal e para seren informado mediante correo electrónico do estado da solicitude así como doutro tipo de
    avisos relacionados que poidan se do seu interese; de acordo co disposto na Lei Orgánica 13/2018 de protección de datos de carácter persoal e garatía dos dereitos dixitais

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". A solicitude deberá presentarase con unha antelación mínima de 3 días hábiles á realización do concerto ou evento.

Deberá presentarse unha solicitude por cada un dos eventos que queira organizar.

  • Instancia Xeral.
  • Modelo Normalizado de Adhesión ao Programa
  • Plano de situación do concerto, indicando as vías de paso dos peóns. 
  • Certificado de revisión dos extintores. 
  • Certificado de inspección favorable da instalación eléctrica do establecemento, efetuada por organismo de control autorizado (OCA), sempre que sexa o establecemento quen  subministre a corrente eléctrica dos equipos, si é o caso.

Nome: Solicitud de Adhesión Programa "Son de Bares".

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física o jurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                         Presencial.