Sede electrónica Concello de Cambre

01:32:56 Martes 19 de novembro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición no Roteiro "Cambre Modernista"

Dentro do Programa "Descubrindo Cambre", promovido pola Concellería de Turismo e Patrimonio do Concello de Cambre, organizase un novo roteiro o domingo día día 17 de novembro de 2019 co título "CAMBRE MODERNISTA". Os roteiros de historia, arte e natureza son actividades nas que se establecen visitas guiadas por algúns dos recursos turísticos do municipio e tamén encontros organizados para dar a coñecer as características dos recursos paisaxísticos e entornos naturais do noso territorio.

DESCUBRINDO CAMBRE: "CAMBRE MODERNISTA"
Cando: domingo 17 de novembro de 2019
Hora de inicio: 10:00 horas (duración aproximada de 2 horas)
Lugar de encontro: Estación do tren de Cambre

Terán preferencia para participar nas actividades as persoas empadroadas no Concello de Cambre e, seguidamente, aquelas non empadroadas que traballen no termo municipal e por último os non empadroados no Concello de Cambre. En casos puntuais, terá preferencia a persoa que trala valoración e/ou informe técnico correspondente, debidamente xustificado, necesite con base en criterios sociais ou doutra índole participar nunha determinada actividade. En determinadas actividades, segundo se marque na convocatoria correspondente, priorizarase a selección de persoas que non participaron nesa actividade en edicións anteriores (Artigo 6. Ordenanza reguladora da inscrición das persoas participantes nos programas de actividades do Concello de Cambre, publicada no  BOP núm. 31, do 30 de abril de 2014).

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.

Do 1 de novembro ao 14 de novembro de 2019

Rexistros do Concello de Cambre:

Casa Consistorial, rúa Adro, s/n, de 09:00 a 14:00 horas
Servizos Múltiples do Temple, rúa Tapia, 3 (O Temple), de 8:30 a 11:00 horas
A Barcala, rúa Río Barcés, 6 - 8 (A Barcala), de 12:00 a 14:00 horas

Nome: Descubrindo Cambre.

Inicio do procedimiento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                         Presencial.