Sede electrónica Concello de Cambre

01:53:23 Martes 19 de novembro 2019
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición nas XVII Xornadas Castrexas

Dentro do Programa "XVII Xornadas Castrexas" do 23 ao 24 de novembro de 2019, se establece un prazo de inscrición do 7 ao 20 de novembro, para un total de 175 prazas dispoñibles, para dúas actividades:

  • Conferencias na Casa da Cultura Vila Concepción
  • Visita ao Castro de Viladonga - Castro de Rei (Lugo)

Terán preferencia para participar nas actividades as persoas empadroadas no Concello de Cambre e, seguidamente, aquelas non empadroadas que traballen no termo municipal e por último os non empadroados no Concello de Cambre. 

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.

Do 7 de novembro ao 20 de novembro de 2019

Rexistros do Concello de Cambre:

Casa Consistorial, rúa Adro, s/n, de 09:00 a 14:00 horas
Servizos Múltiples do Temple, rúa Tapia, 3 (O Temple), de 8:30 a 11:00 horas
A Barcala, rúa Río Barcés, 6 - 8 (A Barcala), de 12:00 a 14:00 horas

Nome: Solicitude de inscrición nas XVII Xornadas Castrexas.

Inicio do procedimiento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                         Presencial.