Sede electrónica Concello de Cambre

02:29:53 Xoves 13 de agosto 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición no programa Mañanceiro curso escolar 2020-2021

Non hai convocatorias abertas actualmente

É un programa de atención, vixilancia e almorzo dos escolares dos centros de Educación Infantil de Pravio e de Educación Infantil e Primaria do municipio de Cambre.

Os pais/nais ou titores/as de nenos/as que cursen E. Infantil ou E. Primaria .

Deben estar empadronados/as no Concello de Cambre e estar matriculados nun centro escolar de Cambre.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán dito/s impreso/s normalizado/s a presentar.

Prazo: Do 15 de xuño ao 15 de xullo.

Lugar de presentación:
Na sede electrónica do Concello de Cambre.

Cualquera dos rexistros do Concello de Cambre previa cita chamando ao nº de teléfono 981 613 128 ou enviando correo a cambre@cambre.org ou solicitando cita a través da sede electrónica.

Nome: Solicitude de inscripción no programa Mañanceiro curso escolar 2020-2021.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                         Presencial.

Duración: De luns a venres, días lectivos, segundo o calendario escolar do curso 2020-2021.
Horario: De 7:30 ata o comezo da xornada escolar de cada centro escolar.
Persoal: Persoal cualificado que fará actividades de ocio e tempo libre e organizará, elaborará e servirá o almorzo aos escolares participantes que o haxan solicitado.
Modalidades: Pódese solicitar para o mes completo ou días soltos (ata 12 días); con almorzo ou sen almorzo. A modalidade elixida non se poderá variar sen comunícalo ao Concello de Cambre previamente por escrito no departamento de Educación do Concello (educacion@cambre.org).
N°de prazas: Para poñelo en marcha será necesario que haxa como mínimo 13 solicitudes para mes completo (o mesmo para o almorzo) nos CEIP Wenceslao Fernández Flórez, Portofaro e Plurilingüe Graxal e 6 no Emilio González López, Gonzalo Torrente Ballester e na E.I. San Bartolomeu de Pravio.
Como máximo por centro 26 solicitudes. Se houbese máis demanda tratarase de admitir máis solicitudes por centro en función do espazo no centro escolar e do crédito existente no programa.