1. ACAMPADA EN GUITIRIZ - Meniños:
Actividade de acampada os días 29 e 30 de xuño de 2023, dirixida a rapaces e rapazas nados entre os anos 2015 e 2016.
PRAZAS: 24
ALOXAMENTO: Tendas de campaña, no lugar de Sete Muíños (Guitiriz - Lugo)
ACTIVIDADES: Acampada, xogos, baño nas piscinas, velada, xogo por Guitiriz, ruta...
PREZO DA ACTIVIDADE:
|
Empadroado |
Non empadroado |
Tarifa xeral |
46,00 |
57,50 |
Carné OMIX, Familia numerosa |
23,00 |
|
Paro, Voluntariado |
32,20 |
2. CAMPAMENTO DE VERÁN EN PORTONOVO (Sanxenxo – Pontevedra) - Pequenos:
Actividade de acampada do sábado 1 ao xoves 6 de xullo de 2023, dirixida a rapaces e rapazas nados entre os anos 2011 e 2014.
PRAZAS: 50
ALOXAMENTO: Residencia Abrente, situada na vila de Portonovo (Sanxenxo – Pontevedra). Máis información en https://www.campamentosdeveranoabrente.com/
ACTIVIDADES: Kaiak, paddleboard, vela, obradoiros, orientación, descuberta, praia, acampada, rutas, veladas, xogos, etc.
PREZO DA ACTIVIDADE:
|
Empadroado |
Non empadroado |
Tarifa xeral |
146,00 |
182,50 |
Carné OMIX, Familia numerosa |
73,00 |
|
Paro, Voluntariado |
102,20 |
|
Carné Xove |
109,50 |
146,00 |
3. CAMPAMENTO DE VERÁN EN PORTONOVO (Sanxenxo – Pontevedra) - Maiores:
Actividade de acampada do martes 11 ao sábado 22 de xullo de 2023, dirixida a rapaces e rapazas nados entre os anos 2006 e 2010.
PRAZAS: 50
ALOXAMENTO: Residencia Abrente, situada na vila de Portonovo (Sanxenxo – Pontevedra). Máis información en https://www.campamentosdeveranoabrente.com/
ACTIVIDADES: Campamento náutico (vela, windsurf e kaiak), con xogos, obradoiros, veladas, acampada, rutas, actividades deportivas.
PREZO DA ACTIVIDADE:
|
Empadroado |
Non empadroado |
Tarifa xeral |
296,00 |
370,00 |
Carné OMIX, Familia numerosa, AAXX |
148,00 |
222,00 (só membros AAXX) |
Desempreado/a, voluntariado |
207,20 |
281,20 (só voluntariado) |
Carné Xove |
222,00 |
296,00 |
Maiores de idade ou Pai/Nai/Titor dos rapaces e rapazas.
Prazo de solicitude: Do 5 ao 15 de maio de 2023.
Vía telemática a través del botón “Iniciar trámite”.
En calquera dos rexistros municipais ou por calquera dos medios establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo das administracións públicas.
Se a solicitude se presenta a través dun rexistro doutra administración, deberá enviarse unha copia da solicitude por correo electrónico ao enderezo omix@cambre.org e chamar ao número 981 613 170 co fin de comprobar a recepción da solicitude.
Outras datas de interese:
• Martes, 16 de maio, ás 12 horas: Publicación do listado provisional de solicitudes admitidas nos taboleiros das casas de xuventude de Cambre (Casa Arrigada e Casa das Palmeiras) ou na app OMIX Cambre.
• Ata o día 18 de maio, ás 14 horas: Prazo de comprobación e solicitude de corrección dos erros detectados na listaxe de solicitudes admitidas.
• Xoves, 18 de maio. Pola tarde, a partir das 20 horas, publicarase o listado definitivo de solicitudes admitidas.
• Venres 19 de maio, ás 12 horas: Sorteo público (se hai mais solicitudes que prazas), na OMIX, situada na Casa Arrigada (Cambre).
Terán prioridade, no caso de sorteo, as solicitudes dos/as rapaces/zas que nunca foron aos campamentos da OMIX. Cada intervalo de idade conta como un campamento novo coa seguinte orde de preferencia:
1º.- Persoas empadroadas no Concello de Cambre que participan por primeira vez
2º.- Persoas empadroadas no Concello de Cambre que xa participaron en edicións anteriores do campamento
3º.- Persoas non empadroadas que traballen no termo municipal que participan por primeira vez
4º.- Persoas non empadroadas que traballen que xa participaron en edicións anteriores do campamento
5º.- Non Empadroados no Concello de Cambre que participan por primeira vez
6º.- Non Empadroados no Concello de Cambre que xa participaron en edicións anteriores do campamento
Os campamentos que teñan un número igual ou menor de solicitudes ás das prazas ofertadas as prazas adxudicaranse automaticamente.
• Lista de agarda: A partir do 16 de xuño, venres, en horario de 10 a 14 horas. No caso de que existan prazas libres chamarase ao teléfono que figure na solicitude das persoas que figuren na lista de agarda (máximo 3 chamadas a diferentes horas). O solicitante disporá dun máximo de 24 horas para aceptar/renunciar á praza. Pasado ese tempo entenderase automaticamente rexeitada.
Nome: Solicitude de inscrición en actividades xuvenís
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Departamento: OMIX omix.cambre.es
Contacto: Teléfono Omix-Casa Arrigada: 981 613 170
Teléfono Pmix-Casa das Palmeiras: 981 650 269
Correo electrónico: omix@cambre.org
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)
Presencial.