Sede electrónica Concello de Cambre

02:47:04 Domingo 27 de novembro 2022
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de participación na Feira de Oportunidades a organizar en colaboración coa Deputación da Coruña

Non hai convocatorias abertas actualmente

O procedemento Solicitude de participación na Feira de Oportunidades do concello de Cambre a organizar en colaboración coa Deputación da Coruña ten por obxecto regular o procedemento de solicitude e asignación de carpas jaimas coas que conte o Concello para a celebración da Feira, dirixida á dinamización e fortalecemento do comercio na provincia, a celebrar entre os días 22 e 24 de xullo de 2022 no Paseo Marítimo de O Temple (Cambre).

A asignación das vinte carpas jaimas porporcionadas pola Deputación da Coruña efectuarase mediante un sorteo, que se celebrará no Salón de Plenos do concello de Cambre, ás 10:00 horas do segundo día hábil posterior ao peche do prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes poderán presentarse, debidamente cubertas e asinadas pola persoa interesada, ou por quen ostente a súa representación:

  • En calquera dos rexistros do concello de Cambre. No caso de optar, as persoas físicas, por realizar a presentación de forma presencial, deberá solicitarse Cita Previa na seguinte ligazón, por medio del teléfono 981 613128 ou a través do correo electrónico cambre@cambre.org
  • Na sede electrónica do Concello de Cambre (Outros Procedementos e Trámites), sendo esta a modalidade de presentación obrigatoria para as persoas xurídicas. 
  • As solicitudes poderán presentarse entre os días 1 e 10 de xullo de 2022, ambos incluídos.
  • Solicitude Anexo I.
  • Declaración responsable, segundo o modelo do Anexo II.

Nome: Solicitude de participación na Feira de Oportunidades a organizar en colaboración coa Deputación da Coruña

Unidade tramitadora: Axencia de Desenvolvemento Local.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa xurídica ou física.

Órgano de resolución: Concelleiro de Desenvolvemento Socioeconómico.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite) / Presencial.