Sede electrónica Concello de Cambre

03:46:46 Domingo 27 de novembro 2022
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude axudas municipais a consolidación de empresas. Programa Consolida Cambre 2022.

Non hai convocatorias abertas actualmente

A  convocatoria de subvencións municipais á creación de empresas do Concello de Cambre, programa “Consolida Cambre 2022”, ten por obxecto apoiar a consolidación de empresas de recente creación do noso municipio e fomentar a actividade económica de acordo ao disposto na Lei 14/2013, do 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización e na Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia (capítulo VII art. 16).

O prazo de presentación e ata o 10 de Agosto de 2022.

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Cambre, no apartado correspondente subvencións, Programa Consolida Cambre 2022.

  • Solicitude (Anexo I)
  • DNI ou NIE da persoa solicitante (non necesarias en presentacións telemáticas en nome propio).
  • CIF, no caso de pertencer a sociedades mercantís e non mercantís, e escrituras de constitución debidamente rexistradas, no caso de sociedades mercantís: Certificado de nomeamento ou documento xustificativo da persoa que asina a solicitude no nome da sociedade.
  • Certificado de Declaración de situación censal de alta en la Agencia Tributaria actualizado. (ver)
  • Informe de vida laboral do beneficiario/a actualizado. (ver)
  • Certificado de Declaración de situación censual de alta na Axencia Tributaria actualizado.
  • Certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social das cotas de autónomos abonadas ou da Mutualidade correspondente ao colexio profesional do que se trate das 18 primeiras cotas aboadas dende a súa alta como autónomo/a.  (ver)
  • Certificado do número IBAN da conta bancaria, titularidade do interesado.
  • No caso de ter solicitada a prestación por desemprego na súa modalidade de pagamento único, deberán presentar a resolución de concesión.
  • Calquera outra documentación que se lle requira por parte do Concello de Cambre. 
  • Declaración Responsable (Anexo II). Se a actividade se desenvolve a través de sociedade, sexa cal sexa a súa forma xurídica, deberá presentarse a autorización da comprobación do cumprimento das súas obrigas tributarias pola persoa xurídica, asinada polo representante desta, e coa Seguridade Social e o Concello de Cambre. (Anexo II a nome do solicitante e a nome da Sociedade).
  • Declaración Responsable Comprensiva doutras Axudas (Anexo III)Os cidadáns quedarán eximidos da presentación de calquera dos documentos que se establecen nas bases cando algún dos documentos requiridos se atoparan en poder do propio Concello, para o cal deberán manifestar o expediente no que se constan presentados.

Nombre: Solicitud ayudas municipales a la consolidación de empresas. Programa Consolida Cambre 2022.

Inicio del procedimiento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Personas físicas.

Canales de atención: Telemático (Iniciar trámite).