Sede electrónica Concello de Cambre

03:36:41 Domingo 27 de novembro 2022
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de subvencións municipais a asociacións empresariais 2022

Non hai convocatorias abertas actualmente

Estas bases teñen por obxecto establecer os criterios e o procedemento para a concesión de subvencións municipais ás asociacións empresarias locais durante o ano 2022.

Obxecto e finalidade

O obxecto destas bases é a mellora da competitividade do tejido empresarial local por medio da colaboración con axentes económicos do concello, financiando proxectos, actuacións e investimentos que dinamicen as súas actividades e melloren a súa competitividade, permitíndolles adaptarse ao novo escenario derivado da crise sanitaria provocada polo Covid-19.

Os proxectos a presentar deben estar enmarcados dentro dalgunha das seguintes áreas de actuación:
a) Adopción de protocolos, medidas e recomendacións para a realización da actividade comercial ou empresarial no novo escenario derivado da crise sanitaria provocada polo Covid - 19.
b) Transformación dixital, adaptación ás tecnoloxías da información e das comunicacións e comercio electrónico.
c) Dinamización e promoción da actividade comercial e hostaleira (incluíndo a sinalización de zonas comercias ou empresarias do municipio, etc.)
d) Mellora da competitividade empresarial (formación, realización de programas ou plans cunha incidencia directa na dinamización do comercio ou na competitividade empresarial, etc.)

 

Prazo de presentación de solicitudes => do 13 de xullo ao 10 de agosto de 2022

Cada asociación empresarial presentará unha única solicitude, que poderá conter un ou varios proxectos, ata un máximo de catro.

As solicitudes de axudas presentaranse na sede electrónica do Concello de Cambre (https://sede.cambre.es/).

Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas precisen realizar durante a tramitación dos procedementos previstos nestas bases, deberán efectuarse electrónicamente.


Prazo de presentación de solicitudes

Do 13 de xullo ao 10 de agosto de 2022 (o prazo para presentar as solicitudes é de vinte días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia do extracto da convocatoria).

As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

  • Anexo I: Solicitude, declaracións responsables e autorizacións
  • Anexo II: Certificado de acordo, cargos representativos e número de asociados
  • Anexo III: Memoria
  • Anexo IV: Aceptación e solicitude de anticipo de pagamento

 

Nome: Solicitude de subvencións municipais a asociacións empresariais 2022.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).