Sede electrónica Concello de Cambre

12:47:26 Sábado 17 de abril 2021
Estás en:

Información

Axencia de desnvolvemento local

11/03/2021

Bases PROXEDIS-PROWEB II 2020/2021 - Apertura de prazo de información pública e audiencia aos interesados.

O Pleno municipal, en sesión ordinaria do día 25 de febreiro de 2021, aprobou inicialmente as bases para a convocatoria de axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea do alumnado traballador do obradoiro de emprego dual PROXEDIS-PROWEB II 2020/2021 (PROfesionais en XEriatría e DIScapacidade-PROfesionais WEB II) do Concello de Cambre.

O anuncio de aprobación inicial foi publicado no BOP núm. 47, do 11 de marzo de 2021, polo que se abre un prazo de información pública e audiencia aos interesados, para que poidan presentar as reclamacións e suxestións que estimen oportunas, dende o día 12 de marzo de 2021 ao día 27 de abril de 2021, ambos incluídos.