Sede electrónica Concello de Cambre

21:24:07 Luns 29 de novembro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas PEL-REACTIVA

Non hai convocatorias abertas actualmente

O concello aboará o importe da subvención concedida logo da presentación dos xustificantes de gasto ou facturas electrónicas escaneadas, efectivamente pagadas dentro do período subvencionable, correspondentes aos gastos subvencionables determinados na base 7ª, ou documentos contables de valor probatorio equivalente.

No caso de que as facturas non teñan os conceptos de gasto debidamente especificados, deberán entregar un documento aclaratorio do seu contido, que debe axustarse aos conceptos subvencionados ao amparo desta convocatoria.

Prazo: ata o 31 de Marzo de 2021

Debe realizarse mediante o procedimiento de Achega de Documentación coa siguiente documentación:

  1. Facturas escaneadas: soamente se admitirán as correspondentes aos seguintes gastos subvencionables:
    • Cuxo concepto esté incluídos na listaxe do documento desta ligazón.
    • Emitidas entre o 1 de marzo de 2020 e o 31 de decembro de 2020.
    • Ao non considerarse o IVE en ningún caso gasto subvencionable, para cobrar o importe íntegro da subvención concedida deberán achegarse facturas cun sumatorio de bases impoñibles igual ou superior á subvención concedida.
    • No caso de que o importe dos pagos xustificados sexa inferior ao concedido, a achega municipal reducirase ata o importe efectivamente xustificado.
    • Estas axudas serán compatibles con calquera outra concedida por entidades públicas ou privadas, sempre que o importe total das axudas percibidas polo mesmo concepto non supere o custo total dos gastos subvencionables polas presentes axudas, e ata un máximo de 40.000 euros. O importe de axuda a conceder será minorada na cantidade que exceda deste límite
  2. Xustificantes de Pago Escaneados
    • Xustificantes de transferencia bancaria, cheque nominativo, cargo, ingreso en conta ou calquera outra modalidade de pagamento bancario, sempre que en todo caso quede identificada a persoa ordenante (perceptora da subvención) e a persoa beneficiaria (provedora do ben ou servizo).
    • Para os pagamentos de gasto que non excedan de 150 euros abondará co recibí do perceptor inserido no propio documento de gasto.
  3. Relación das facturas acreditativas dos gastos subvencionables e dos correspondentes xustificantes de pago:
    • No arquivo en formato de folla electrónica que pode descar nesta ligazón.
    • Indicando nº de factura, emisor, CIF do emisor, data de emisión, concepto, base impoñible, IVE, importe total, medio de pago e data de pago.

 

 

O procedemento de "Solicitude de axudas PEL-REACTIVA" ten por obxecto xestionar e controlar as axudas solicitadas polas persoas autónomas e microempresas para paliar o impacto económico e social ocasionado polo COVID-19, convocadas ao abeiro do FONDO DE FINANCIAMENTO PARA A REACTIVACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA DESTINADO AOS CONCELLOS DE MENOS DE 50.000 HABITANTES (PEL-Reactiva), do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña. (Ver Bases)

A presentación de solicitudes farase exclusivamente a través da Sede Electrónica do Concello.

A contestación a requerimentos e a xustificación realizarase a través do procedemento de Achega de Documentación.

Estas axudas van dirixidas a persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores/as ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que se atopen nalgún dos supostos indicados a continuación:

  • Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.
  • Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixido para a acreditar a redución os ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
  • Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, de 17 de marzo.

Para os efectos destas Bases, para a consideración de microempresa atenderase ao indicado no Anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, de 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, publicado no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) L 187, do 26 de xuño de 2014, segundo o cal a categoría de microempresa está constituída por aquelas empresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou balance xeral anual non excedan de 2 millóns de €.

 

Requisitos das persoas beneficiarias
Con carácter xeral, os beneficiarios/as das axudas, deberán cumprir cos seguintes requisitos:

  • Ter o seu domicilio fiscal no municipio adherido a PEL-REACTIVA ao que presenta a solicitude.
  • Non atoparse incursas en ningunha das circunstancias recollidas no artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  • Estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias coa AEAT e coa TXSS.
  • Non ter débeda algunha co concello.
  • Estar ao dia no cumprimento das obrigas tributarias coa CC.AA. de Galicia e coa Deputación da Coruña.
  • Cumprir coas obrigas previstas na Base 14.

Requisitos específicos das persoas físicas
Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou en calquera outro por conta propia da Seguridade Social, ou como mutualista de colexio profesional, con anterioridade á entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo.

Requisitos específicos das persoas xurídicas
A data de constitución da empresa, atendendo á data de primeira inscrición, no rexistro público correspondente, debe ser anterior á entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo.

Exclusións
Quedan expresamente excluídas destas axudas as asociacións, as comunidades de propietarios en réxime de propiedade horizontal, as administracións públicas, organismos públicos, entes dependentes, as congregacións e institución relixiosas, as Unións Temporais de Empresas, as comunidades de bens, as herdanzas xacentes así como as sociedades civís sen personalidade xurídica propia e demais entidades carentes da mesma.

De forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”.

Desde o día 10/11/2020 ata ás 14:00 horas do día 25/11/2020.

  • Solicitude de axudas PEL-REACTIVA.
  • NIF/NIE ou CIF segundo corresponda (só se o presentador defire do interesado). 
  • Declaración responsable do cumprimento de requisitos e obrigas.
  • Certificado actualizado de Situación Censal da Axencia Estatal Tributaria.
  • Informe actualizado de Vida Laboral da Empresa, expedido pola Tesourería xeral da Seguridade Social no que se inclúa o número de traballadores/as.
  • Beneficiarios do Grupo II: Acreditación da redución de ingresos no segundo trimestre fiscal de 2020, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma, mediante a presentación dalgún dos seguintes documentos: copia do libro de rexistro de facturas, libro diario de gastos, libro de rexistro de vendas e ingresos e libro de compras e gastos, ou declaración de IVE, IRPF.
  • Beneficiarios do Grupo III: Documento acreditativo da situación de ERTE