A convocatoria de subvencións municipais á creación de empresas do Concello de Cambre, programa "Consolida Cambre 2020", ten por obxecto apoiar a consolidación de empresas do noso municipio e fomentar a actividade económica de acordo ao disposto na Lei 14/2013, do 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización e na Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia (capítulo VII art. 16).
Poderán ser beneficiarias da axuda deste programa as persoas emprendedoras, sexan autónomas inidividuais ou socios/as de microempresa ou peme, (para a definición de microempresa e pequena empresa terase en conta o establecido no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014) que reúnan os seguintes requisitos:
a) Que se deran de alta no RETA ou nalgunha mutualidade dos colexios profesionais, ben como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, ou ben como socios/as promotores/as no caso de sociedades mercantís no momento da declaración do estado de alarma, e que seguiran de alta, de xeito ininterrompido dende entón ata a data final do prazo de solicitude da subvención, e que tiveran unha antigüidade mínima na actividade en Cambre dun ano natural (marzo de 2019).
b) Que en cumprimento do artigo 10 do RD 463/2020, pecharan os seus establecementos ou cesaran na súa actividade. Esta circunstancia verificarase a través do certificado de situación censual da AEAT na data da declaración do estado de alarma, segundo os epígrafes sinalados no anexo IV destas bases: “Epígrafes CNAE/IAE”. Todas as actividades nas que estivera de alta o solicitante, deberán estar afectadas polo peche ou cese obrigatorio.
c) Que desenvolvan a súa actividade empresarial no Concello de Cambre, como mínimo dende marzo de 2019, nos seguintes termos:
d) Que non teñan percibido a subvención ao abeiro das convocatorias do Programa Cambre Emprende ou Consolida Cambre nos tres exercicios anteriores.
e) Estar ao corrente das súas obrigas fiscais co Concello de Cambre, coa Axencia Tributraria de Galicia, coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), así coma ao corrente das súas obrigas coa Seguridade Social. De conformidade co artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, e con estas bases, o Concello de Cambre solicitará as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, a Facenda autonómica e o propio Concello de Cambre, para verificar o cumprimento deste apartado.
As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Cambre http://sede.cambre.es
O prazo está aberto do 3 de setembro ao 30 de setembro de 2020 (ambos incluídos)
Declaración de que todos os datos que constan na solicitude e os documentos que se xuntan son certos.
Declaración de non incorrer en ningunha das incompatibilidades sinaladas na base segunda do programa, non concorrer ningunha das circunstancias previstas no punto 2 do artigo 13 da Lei 38/2013, e de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Declaración de non ter sido excluído/a do acceso aos beneficios derivados da aplicación dos programas de emprego conforme ao establecido no artigo 46.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, sobre infraccións e sancións na orde social.
Autorización ao Concello de Cambre para a obtención das certificacións de estar ao corrente nas súas obrigas coa Administración Tributaria Estatal, coa Seguridade Social, coa Administración Tributaria de Galicia e o Concello de Cambre.
Autorización ao Concello de Cambre para realizar as actuacións de comprobación e seguimento necesarias para comprobar o cumprimento da finalidade do programa Consolida Cambre.
Se a actividade se desenvolve a través de sociedade, sexa cal sexa a súa forma xurídica, deberá presentarse a autorización da comprobación do cumprimento das súas obrigas tributarias pola persoa xurídica, asinada polo representante desta, e coa Seguridade Social e o Concello de Cambre. (Anexo II a nome do solicitante e a nome da Sociedade).
En aplicación do artigo 53.1. d) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, os cidadáns quedarán eximidos da presentación de calquera dos documentos que se establecen nas bases cando estes se atoparan en poder do propio Concello.
Anexo IV. Relación de actividades polo Real Decreto 463/202.
Nome: Subvención municipal á consolidación de empresas do Concello de Cambre, Programa Consolida Cambre 2020.
Unidade tramitadora: Axencia de Desenvolvemento Local:
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Concellería delegada de Desenvolvemento Socioeconómico.
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/Impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).