Sede electrónica Concello de Cambre

07:25:13 Sábado 18 de setembro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude adhesión dos establecementos hostaleiros ao Plan "Disfruta Cambre".

Non hai convocatorias abertas actualmente

Poderán adherirse ao plan "Disfruta Cambre" os titulares de locais de hostalería radicados no termo municipal de Cambre, que conten cun establecemento de alta nalgún dos epígrafes contidos na agrupación 67 do IAE con actividade desenvolvida nun local situado no Concello de Cambre.

Para a súa participación deberán solicitar a adhesión ao Plan e rexistrarse na aplicación (app) empregada para a súa xestión, no momento en que esta estea dispoñible. Serán os lugares onde obter a través dos consumos realizados e posteriormente canxear os Cambrecoins (premios), e estarán debidamente identificados, tanto fisicamente como na web do Concello e na aplicación que se empregará para xestionar o Plan.

Contarán cun importe máximo a canxear de Cambrecoins resultante da división entre o orzamento total do Plan (70.000,00 €) e o número de establecementos adheridos ao mesmo, cun máximo, en todo caso, de 3.000,00 euros por establecemento. Os hostaleiros terán á súa disposición a información necesaria e poderán consultar o histórico dos consumos, os Cambrecoins xa trocados, o saldo dispoñible e os demais detalles de cada operación.

A solicitude de deberá presentarse pola persoa física ou polo representante da persoas xurídica ou entidade sen personalidade xurídica, titular do establecemento hostaleiro, que conste dado de alta en epígrafes do IAE pertencentes á agrupación de actividades de hostalería recollidas na agrupación 67 do referido imposto, nas datas de inscrición.

Prazo de adhesión: dende o 10 de maio ata o 10 de xuño de 2021. Rematado este prazo, e unha vez aprobadas definitivamente as Bases da convocatoria e comprobado que os/as solicitantes cumpran cos requisitos esixidos nas bases, aprobarase por resolución do concelleiro delegado da Área de Desenvolvemento Socioeconómico a participación dos establecementos, procedéndose a validar o seu perfil e a súa publicación na web municipal.

Forma de adhesión: as solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario dispoñible na sede electrónica do concello de Cambre http://sede.cambre.es.

  • Solicitude de adhesión conforme ao modelo de formulario (Anexo I: “Solicitude de adhesión Disfruta Cambre”), que incluirá declaración responsable e autorizacións.
  • Certificado de titularidade da conta bancaria (soamente no caso de que o concello de Cambre non dispoña xa dalgunha conta bancaria actualizada asociada á persoa titular ou no caso de designación dunha conta diferente) ou indicación de que a conta bancaria está xa a disposición do Concello.
  • Certificado de situación censual da AEAT na que conste a situación de alta do establecemento/s nalgún dos epígrafes contidos na agrupación 67 do IAE con actividade desenvolvida nun local situado no Concello de Cambre (soamente no caso de que o concello de Cambre non dispoña xa desta certificación actualizada ou no caso de ter variado a mesma recentemente) ou indicación de que o certificado de situación censual está xa a disposición do Concello.

Nome: Solicitude adhesión dos establecementos hostaleiros ao Plan "Disfruta Cambre".

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)