Sede electrónica Concello de Cambre

18:23:03 Mércores 27 de outubro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Nova Solicitude axudas municipais a consolidación de empresas. Programa Consolida Cambre 2021.

Presentación das axudas á consolidación dos proxectos empresariais que como consecuencia da pandemia producida polo Covid 19 e da declaración do estado de alarma derivada da mesma, se atoparan na obriga de pechar os seus establecementos e cesar a súa actividade, con independencia da súa forma xurídica. Tamén dirixirase a empresas que pecharan a súa actividade por causas económicas, verificable a través da súa vida laboral, así como as que viran reducidos os seus ingresos nun 45%, aos taxistas e ás empresas en ERTE.

A convocatoria de subvencións municipais á creación de empresas do Concello de Cambre, programa “Consolida Cambre 2021”, ten por obxecto apoiar a consolidación de empresas do noso municipio e fomentar a actividade económica de acordo ao disposto na Lei 14/2013, do 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización e na Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

A axuda económica individual máxima a conceder a cada persoa beneficiaria non poderá superar os 850,00 euros, e subvencionará ata o 100% da cotas pagadas no 2020 correspondentes ao RETA ou á mutualidade do colexio profesional de que se trate, ata o esgotamento dos fondos.

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Cambre, no apartado correspondente subvencións, Programa Consolida Cambre 2021.

Do 6 de outubro ata o 4 de novembro de 2021.

Instrucións para a presentación da solicitude de Subvención Municipal

  • Solicitude (Anexo I)
  • DNI ou NIE da persoa solicitante.
  • CIF, no caso de pertencer a sociedades mercantís e non mercantís, e escrituras de constitución debidamente rexistradas, no caso de sociedades mercantís:
  • Certificado de nomeamento ou documento xustificativo da persoa que asina a solicitude no nome da sociedade.Certificado de Declaración de situación censal de alta en la Agencia Tributaria actualizado.
  • Informe de vida laboral do beneficiario/a actualizado.
  • Certificado de Declaración de situación censual de alta na Axencia Tributaria actualizado.
  • Certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social das cotas de autónomos abonadas ou da Mutualidade correspondente ao colexio profesional do que se trate da anualidade de 2020.
  • Certificado do número IBAN da conta bancaria, titularidade do interesado.
  • No caso de ter solicitada a prestación por desemprego na súa modalidade de pagamento único, deberán presentar a resolución de concesión.
  • Documentación acreditativa da baixada de facturación: (modelo 390) dos anos 2019 e 2020, (modelo 303) dos anos 2019 e 2020, (modelo 130 IV trimestre ou modelo 100) dos anos 2019 e 2020, outros documentos válidos en dereito.
  • Certificación da declaración de ERTE da empresa por mor do estado de alarma decretado pola Covid 19.
  • Calquera outra documentación que se lle requira por parte do Concello de Cambre.

 

Se a actividade se desenvolve a través de sociedade, sexa cal sexa a súa forma xurídica, deberá presentarse a autorización da comprobación do cumprimento das súas obrigas tributarias pola persoa xurídica, asinada polo representante desta, e coa Seguridade Social e o Concello de Cambre. (Anexo II a nome do solicitante e a nome da Sociedade).

  • Declaración Responsable Comprensiva doutras Axudas (Anexo III).

Os cidadáns quedarán eximidos da presentación de calquera dos documentos que se establecen nas bases cando algún dos documentos requiridos se atoparan en poder do propio Concello, para o cal deberán manifestar o expediente no que se constan presentados.

Nombre: Solicitud ayudas municipales a la consolidación de empresas. Programa Consolida Cambre 2021.

Inicio del procedimiento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Personas físicas.

Canales de atención: Telemático (Iniciar trámite).