Sede electrónica Concello de Cambre

11:30:39 Venres 24 de setembro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea do alumnado traballador do obradoiro de emprego dual "PROXEDIS-PROWEB II 2020/2021"

Non hai convocatorias abertas actualmente

Presentación de solicitudes de axuda a través de incentivos á contratación temporal por conta allea do alumnado traballador do obradoiro dual de emprego “PROXEDIS-PROWEB II” (PROfesionais en XEriatría e DIScapacidade- PROfesionais WEB II) 2020/2021 do Concello de Cambre. A convocatoria ten por obxecto facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas desempregadas participantes ou que tivesen participado no obradoiro dual de emprego “PROXEDIS-PROWEB II 2020/2021 (PROfesionais en XEriatría e DIScapacidade-PROfesionais WEB)" facilitando a súa contratación temporal cunha duración mínima de 3 meses a formalizar entre o 21 de setembro e o 5 de outubro de 2021.

a) Persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas (traballadores/as autónomos/as), as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, as entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións), as congregacións e entidades relixiosas e restantes organizacións nas que concorran os requisitos establecidos nas bases.

b) Que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial dos obradoiros duais de emprego relacionados con ocupacións ou postos de traballo vinculados á á formación impartida nos mesmos (atención sociosanitaria a persoas dependentes (coidadoras/es, xerocultoras/es, auxiliares de axuda ao domicilio ou similares), na categoría profesional correspondente e confección e publicación de páxinas web, na categoría profesional correspondente.

c) Para a contratación do alumnado/traballador da especialidade “atención sociosanitaria a persoas dependente en institucións sociais”, as entidades beneficiarias deberán ser titulares, adxudicatarias da xestión ou similar, de centros de iniciativa social ou de iniciativa privada (residencias, centros de día, servizos de axuda no fogar, etc.) que presten servizos de atención sociosanitaria nos ámbitos da xeriatría (maiores) e/ou a discapacidade a persoas en réxime de permanencia parcial, temporal ou permanente.

d) Para a contratación do alumnado traballador da especialidade “confección e publicación de páxinas web”, as entidades beneficiarias estarán obrigadas a proporcionar á persoa traballadora un traballo efectivo relacionado co perfil profesional do titulo da formación do certificado de profesionalidade, aínda que a súa actividade económica non estea directamente relacionada coa formación recibida.

Cóntía
As contratacións temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500,00 € por cada traballador/a, correspondente a un contrato mínimo de 3 meses a xornada completa. O número máximo de contratos temporais a incentivar con cargo á presente convocatoria será de catro por entidade participante.

De forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”,  do 11 de Maio ao 21 de Xuño de 2021.

As solicitudes de axudas presentaranse na sede electrónica (https://sede.cambre.es) do Concello de Cambre.

Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar durante a tramitación dos procedementos previstos nestas bases deberán realizarse electrónicamente.

  • Solicitude telemática
  • Anexo I   - Solicitude.
  • Anexo II  - Declaración Responsable.
  • Anexo III - Declaración Responsable Comprensiva doutras Axudas.

Nome: Solicitude de axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea do alumnado traballador do obradoiro de emprego dual "PROXEDIS-PROWEB II 2020/2021".

Inicio do procedemento:
A Instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persona física ou xurídica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).