Sede electrónica Concello de Cambre

16:24:25 Sábado 16 de xaneiro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude axudas a través de incentivos do obradoiro dual de emprego 'PROXEDIS-PROWEB' 2019/2020

Non hai convocatorias abertas actualmente

A solicitude de axuda a través de incentivos á contratación temporal por conta allea do alumnado traballador do obradoiro dual de emprego “PROXEDIS-PROWEB” 2019/2020.

A convocatoria ten por obxecto facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas desempregadas participantes ou que tivesen participado no obradoiro dual de emprego “PROXEDIS-PROWEB 2019/2020 (PROfesionais en XEriatría e DIScapacidade-PROfesionais WEB)" facilitando a súa contratación temporal cunha duración mínima de 3 meses a formalizar entre o 14 de novembro de 2020 e o 4 de decembro de 2020.

a) Persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas (traballadores/as autónomos/as), as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, as entidades sen ánimo de lucro (asociacións, fundacións), as congregacións e entidades relixiosas e restantes organizacións nas que concorran os requisitos establecidos nas bases.

b) Que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados no ámbito territorial dos obradoiros duais de emprego relacionados con ocupacións ou postos de traballo vinculados á á formación impartida nos mesmos (atención sociosanitaria a persoas dependentes (coidadoras/es, xerocultoras/es, auxiliares de axuda ao domicilio ou similares), na categoría profesional correspondente e confección e publicación de páxinas web, na categoría profesional correspondente.

c) Para a contratación do alumnado/traballador da especialidade “atención sociosanitaria a persoas dependente en institucións sociais”, as entidades beneficiarias deberán ser titulares, adxudicatarias da xestión ou similar, de centros de iniciativa social ou de iniciativa privada (residencias, centros de día, servizos de axuda no fogar, etc.) que presten servizos de atención sociosanitaria nos ámbitos da xeriatría (maiores) e/ou a discapacidade a persoas en réxime de permanencia parcial, temporal ou permanente.

d) Para a contratación do alumnado traballador da especialidade “confección e publicación de páxinas web”, as entidades beneficiarias estarán obrigadas a proporcionar á persoa traballadora un traballo efectivo relacionado co perfil profesional do titulo da formación do certificado de profesionalidade, aínda que a súa actividade económica non estea directamente relacionada coa formación recibida.

Cóntía
As contratacións temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500,00 € por cada traballador/a, correspondente a un contrato mínimo de 3 meses a xornada completa. O número máximo de contratos temporais a incentivar con cargo á presente convocatoria será de catro por entidade participante.

De forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”, do 2 de outubro ao 16 de outubro de 2020 ás 23:30 horas.
As solicitudes de axudas presentaranse na sede electrónica (https://sede.cambre.es/opencms/gl/) do Concello de Cambre.
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar durante a tramitación dos procedementos previstos nestas bases deberán realizarse electrónicamente.

  • Solicitude de subvencións.
  • Anexo I   - Solicitude.
  • Anexo II  - Declaración Responsable.
  • Anexo III - Declaración Responsable Comprensiva doutras Axudas.

Nome: Solicitude axudas a través de incentivos do obradoiro dual de emprego “PROXEDIS-PROWEB” 2019/2020.

Unidade tramitadora: Axencia de Desenvolvemento Local.

Inicio do procedemento:
A Instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persona física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).