Sede electrónica Concello de Cambre

21:22:16 Luns 29 de novembro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición no programa Mañanceiro curso escolar 2021-2022

Non hai convocatorias abertas actualmente

É un programa de atención, vixilancia e almorzo dos escolares dos centros de Educación Infantil de Pravio e de Educación Infantil e Primaria do municipio de Cambre.

Os pais/nais ou titores/as de nenos/as que cursen E. Infantil ou E. Primaria .

Deben estar empadronados/as no Concello de Cambre e estar matriculados nun centro escolar de Cambre.

Prazo de inscrición: Do 15 de xuño ao 15 de xullo de 2021. Se hai prazas baleiras pódese solicitar tamén ao longo do curso.

Lugar de presentación de solicitudes de alta e de baixa: O formulario de solicitude de alta (dispoñible na sede electrónica e na página web do Concello de Cambre) ou de baixa deberá presentarse:

  • Preferiblemente, a través da sede electrónica da páxina web do Concello de Cambre.
  • Se non, en calquera dos rexistros municipais para o que deberán solicitar cita previa:
    • Ou chamando ao nº de teléfono: 981 613 128.
    • Ou a través da sede electrónica.
    • Ou a través do enlace: ccambre.com

Dende o Concello de Cambre poderase dar de baixa de oficio a aquel participante que:

  • Incumpra os requisitos establecidos.
  • Non efectúe o pagamento da cota establecida.
  • Falsifique os documentos ou datos achegados.
  • Falte ao programa de forma continuada durante un mes sen causa xustificada.

Nome: Solicitude de inscripción no programa Mañanceiro curso escolar 2021-2022.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Condicións do programa:

  • Duración: De luns a venres, en días lectivos, segundo o calendario escolar do curso 2021-2022.
  • Horario: De 7:30 ata o comezo da xornada escolar de cada centro escolar.
  • Persoal: Persoal cualificado que fará actividades de ocio e tempo libre e organizará, elaborará e servirá o almorzo aos/ás escolares participantes que o haxan solicitado.
  • Modalidades: Pódese solicitar o programa para o mes completo ou para días soltos (ata 12 días); con almorzo ou sen almorzo. A modalidade elixida non se poderá variar sen comunícalo ao Concello de Cambre previamente por escrito no departamento de Educación do Concello (educacion@cambre.org), e causará efecto ao mes seguinte de solicitalo.
  • N°de prazas: Para poñelo en marcha será necesario que haxa como mínimo 13 solicitudes para mes completo (o mesmo para o almorzo) nos CEIP Wenceslao Fernández Flórez, Portofaro e Plurilingüe Graxal e 6 no Emilio González López, Gonzalo Torrente Ballester e na E.I. San Bartolomeu de Pravio.
  • Como máximo por centro 26 solicitudes. Se houbese máis demanda tratarase de admitir máis solicitudes por centro en función do espazo no centro escolar e do crédito existente no programa.

 

  • Tarifas:

CENTRO ESCOLAR

CON ALMORZO

SEN ALMORZO

 

MES COMPLETO

DIAS SOLTOS*

MES COMPLETO

DIAS SOLTOS*

E.E.I. SAN BARTOLOMEU DE PRAVIO

 

40,60 euros

 

1,40 euros

27,51 euros

0,84 euros

WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ

GONZALO TORRENTE BALLESTER

EMILIO GONZÁLEZ LÓPEZ

O GRAXAL

29,40 euros

1,26 euros

19,60 euros

0,77 euros

PORTOFARO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os días soltos contabilízanse ata 12 días, a partir do 13° día cobrarse o mes completo.

O importe das tarifas é diferente por centro porque é diferente o horario total do servizo en cada un deles.

Estas tarifas poden variar ao longo do curso escolar, o que se comunicará cando sexa oportuno.

  • Reducións:
    • O 50% segundo a situación de desemprego dun dos seus proxenitores e o 100% se están os dous. Para aplicar esta redución deberase achegar copia da tarxeta de demandante de emprego.
    • O 50% da tarifa no caso de familias numerosas cun participante, o 60% no caso de dous participantes, o 70% en caso de tres participantes, o 80% en caso de catro participantes, o 90% en caso de cinco participantes e o 100% en caso de 6 participantes ou máis. A porcentaxe que corresponda aplicarase a cada un/unha dos/das participantes. O/a solicitante deberá achegar copia do título de familia numerosa.
    • O 100% do servicio a familias monoparentais. O/a solicitante deberá achegar copia do libro de familia e da documentación que xustifique a dita situación (enténdese por familia monoparental segundo o establecido no artigo 13 da Lei 3/2011 de 30 de xuño de apoio á familia e á convivencia de Galicia).
    • O 100% do servicio a familias con fillos/ as con discapacidade en idade escolar. O/a solicitante deberá achegar copia do certificado de minusvalía.
    • O 100% do servicio a familias que acheguen informe emitido polos Servicios Sociais do Concello de Cambre para o que o/a solicitante deberá indicalo no formulario de solicitude.

 

Documentación: No prazo de solicitude deberá presentarse o formulario de solicitude (pódese descargar na páxina web do Concello de Cambre) e achegando, se é o caso:

  • A documentación necesaria para xustificar a redución solicitada sobre a tarifa establecida.
  • Informe médico onde se recolla a intolerancia alimenticia que presente o/a alumno/a ou calquera outra situación ou particularidade.
  • Certificado de minusvalía do/da participante.

Se houbese máis solicitudes que prazas dispoñibles (logo de aumentar o número máximo por centro en función do espazo e do crédito existente no programa) haberá que facer unha valoración das solicitudes polo que o Concello de Cambre a través do departamento de Educación requirirá aos solicitantes para que presenten no prazo de 10 días a documentación á que se fai referencia no apartado b) do formulario de solicitude.

  • Listado admitidos/as: Ao longo da segunda quincena do vindeiro mes de xullo informarase ás familias, a través da páxina web municipal, sobre a admisión da solicitude presentada ou se hai que requirir documentación para facer a valoración das solicitudes presentadas.

IMPORTANTE: Debido a pandemia do COVID-19 as condicións deste programa amosadas anteriormente, a súa posta en marcha e o seu desenvolvemento pode sufrir variacións. En tal caso se informará no seu momento.