Sede electrónica Concello de Cambre

16:52:16 Sábado 16 de xaneiro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de subvencions asociacions empresariais 2020

Non hai convocatorias abertas actualmente

A presente convocatoria pública de subvencións municipais, que se tramita en réxime de concorrencia competitiva, ten por obxectivo mellorar a competitividade do tecido empresarial local por medio da colaboración cos axentes económicos do municipio, financiando proxectos e actuacións que dinamicen as súas actividades e que lles permitan adaptarse as novas circunstancias derivadas da crise sanitaria ocasionada polo Covid - 19. Os obxectivos específicos desta convocatoria son:

  • Fomentar o asociacionismo e a cooperación empresarial no municipio.
  • Incrementar a competitividade das actividades empresariais.
  • Apoiar campañas comerciais para o fomento das vendas no municipio.
  • Procurar o mantemento dos sectores considerados estratéxicos para a economía local.
  • Adaptar o tecido empresarial local as tecnoloxías da información e das comunicacións e a economía dixital.
  • Facilitar a adopción das medidas necesarias para garantir o desenvolvemento da actividade empresarial local no novo escenario derivado da crise sanitaria ocasionada polo Covid - 19 e a protección da saúde pública da clientela, traballadores e dos propios empresarios/as.

Os proxectos deben estar enmarcados dentro dalgunha das seguintes áreas de actuación:

  1. Adopción de protocolos, medidas e recomendacións para a realización da actividade comercial ou empresarial conforme ás esixencias derivadas da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.
  2. Transformación dixital, adaptación ás tecnoloxías da información e das comunicacións e comercio electrónico.
  3. Dinamización e promoción da actividade.
  4. Mellora da competitividade empresarial (formación, realización de programas ou plans cunha incidencia directa na dinamización do comercio ou na competitividade empresarial).

Cada entidade poderá solicitar un máximo de 3 proxectos que deben encadrarse necesariamente en distintas áreas.

Poderán obter a condición de entidades beneficiarias destas axudas as asociacións empresariais formalmente constituídas e inscritas no rexistro administrativo correspondente, que cumpran cos seguintes requisitos: 

  1. Ter entre os seus fins a promoción da actividade económica en xeral, ou dalgún sector ou sectores en particular ou o fomento do asociacionismo entre empresarios/as, comerciantes,
  2. Ter o seu domicilio social en
  3. Desenvolver o proxecto e actividades para as que se soliciten subvención principalmente dentro do ámbito territorial do Concello de
  4. Non ter pendente de xustificar subvencións municipais concedidas en exercicios anteriores, ou no caso de que así fose, ter concedida prórroga ou ter desistido de forma motivada e por
  5. Estar ao corrente nas súas obrigas coa Axencia Tributarias e coa Seguridade
  6. Estar ao corrente do cumprimento das súas obrigas fiscais co Concello de Cambre, que serán comprobadas de
  7. Ter un mínimo de 25
  8. Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para obter a condición de beneficiario de subvencións (artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións).

As entidades que soliciten subvención con cargo á presente convocatoria deberán reunir á finalización do prazo de presentación de solicitude os anteriores requisitos, que terán que manter alomenos durante o exercicio económico no que se concede a subvención, debendo ser acreditados de conformidade co establecido nestas bases, nomeadamente no intre de xustificación da subvención.

O prazo para presentar as solicitudes é de vinte días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia do extracto da convocatoria.

O prazo está aberto do 26 de agosto ao 22 de setembro (ambos incluídos).

Cada asociación empresarial presentará unha única solicitude, que poderá conter un ou varios proxectos, ata un máximo de tres.

As solicitudes de axudas dirixiranse ao/á Alcalde do Concello de Cambre e presentaranse na súa sede electrónica (https://sede.cambre.es/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/Solicitudsubvencionesasociacionesempresariales).

Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas precisen realizar durante a tramitación dos procedementos previstos nestas bases, deberán efectuarse electrónicamente.

As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

  • Anexo I: Solicitude, declaracións responsables e autorizacións
  • Anexo II: Certificado de acordo, cargos representativos e número de asociados
  • Anexo III: Memoria

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente ao Concello de Cambre. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que expediente e ano e ante que departamento municipal presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

O departamento correspondente revisará os expedientes de solicitude e verificará que conteñan a documentación esixida. Se resultase que a documentación estivera incompleta ou defectuosa, requiriráselle ao solicitante para que no prazo de DEZ días a partir do día seguinte á data de notificación, achegue a documentación necesaria ou corrixa os defectos observados, facéndolle saber que, no caso de incumprimento, entenderase que desiste da súa solicitude.

O Concello poderá recadar calquera outro documento que considere preciso para a avaliación da subvención solicitada, así como para o control e seguimento do proxecto obxecto da mesma.

Nome: Solicitude de subvencions asociacions empresariais 2020.

Unidade tramitadora: Axencia de Desenvolvemento Local:

  • Teléfonos: 981 613 196 /  981 613 128
  • adl@cambre.org

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa xurídica.

Órgano de resolución: Concellería delegada de Desenvolvemento Socioeconómico.

Carácter silencio administrativo:
Silencio negativo.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).