Sede electrónica Concello de Cambre

22:42:27 Luns 29 de novembro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Nova Solicitude de subvencións en materia de servizos sociais 2021

Non hai convocatorias abertas actualmente

Coa presente convocatoria o Concello de Cambre quere dar apoio ás entidades sociais e contribuír para que acaden os obxectivos que lles son propios, fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, a través de programas e/ou accións sociais tendentes a impulsar actividades destinadas a persoas empadroadas en Cambre tales como persoas maiores, persoas con diversidade funcional, ... e en xeral á inserción na sociedade dos colectivos máis desfavorecidos. Tamén que contribúan á prevención do illamento e exclusión social, á promoción da calidade de vida e a inclusión na cidadanía, ao fomento da igualdade de oportunidades, máis notorias e intensas producidas como consecuencia da pandemia mundial do COVID-19.

Os proxectos que presenten as entidades poderán ir dirixidos aos seguintes grupos de poboación:

  • Minorías étnicas e culturais.
  • Persoas en risco de pobreza severa.
  • Persoas ou familias especialmente vulnerables.
  • Persoas con diversidade funcional.
  • Persoas maiores.
  • Persoas que requiran de aplicación de medidas especiais para a súa inserción social e/ou laboral.

Os proxectos deben estar enmarcados dentro dalgunha das seguintes áreas de actuación:

  • Área Inclusión social.
  • Área Inclusión laboral.
  • Área Igualdade.
  • Área Sociosanitaria.
  • Área Terceira Idade.
  • Área Inmigración.

Cada entidade poderá solicitar un máximo de 3 proxectos, programas ou actividades, que deben encadrarse necesariamente en distintas Áreas.

As solicitudes presentaranse a través do rexistro telemático a través dalgún dos seguintes enderezos electrónicos:

https://sede.cambre.es

htpps://rec.redsara.es/registro

O prazo de presentación de solicitudes será do 29 de setembro ata o día 20 de outubro de 2021 (ambos incluídos).

Fase solicitude:

  • Anexo I - Solicitude de subvención.
  • Anexo II- Declaración de cumprimento da obriga de comprobación de delitos de natureza sexual.
  • Anexo III. Declaración responsable das subvencións ou axudas solicitadas e/ou concedidas doutras administracións públicas ou entidades privadas para o mesmo obxecto, ou ben, certificado de non ter outras axudas.
  • Anexo IV. Proxecto orixinal no que se detalle a actividade ou programa que se pretende subvencionar.
  • Anexo V. Orzamento detallado dos gastos e ingresos.
  • Memoria de actividades e programas realizados durante o exercicio do 2020.

Fase xustificación:

Por cada proxecto subvencionado, as persoas beneficiarias da subvención deberán presentar antes do 29 de novembro de 2021 a través del procedimiento de Aportación de Documentación Complementaria, a documentación xustificativa do cumprimento do proxecto ou actividade subvencionada segundo o formulario de xustificación, que comprende:

  • Anexo VI - Formulario de xustificación.
  • Anexo VII - Memoria das actividades e/ou programas realizados e obxecto da subvención.
  • Anexo VIII - Certificado da relación clasificada de todos os gastos do proxecto e actividade.
  • Anexo IX - Certificado de cumprimento da finalidade e das subvencións ou axudas solicitadas e/ou concedidas doutras administracións públicas ou entidades privadas para o mesmo obxecto.
  • Copia das facturas orixinais ou documentos válidos para acreditar o gasto.
  • Xustificantes de pago.
  • Acreditación da Certificación bancaria do número IBAN de conta titularidade da entidade beneficiaria sinalado para o pagamento da subvención.

Nome: Solicitude de subvencións en materia de servizos sociais 2021.

Unidade tramitadora: Oficina de Servizos Sociais:

  • Teléfonos: 981 654 812
  • ser_sociales@cambre.org

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa xurídica.

Órgano de resolución: Concellería delegada de Bienestar Social.

Carácter silencio administrativo:
Silencio negativo.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).