Sede electrónica Concello de Cambre

17:07:53 Martes 3 de agosto 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de subvencións municipais a Entidades sen ánimo de lucro 2020

Non hai convocatorias abertas actualmente

Axudas económicas en apoio ás entidades municipais sen ánimo de lucro no desenvolvemento de actividades culturais, deportivas, educativas, e festivas, así como na dotación de equipamentos que lles resulten necesarios.

Poderán optar a estas subvencións as entidades ou asociacións xuridicamente constituídas e inscritas no rexistro municipal de entidades veciñais do Concello, os comités veciñais e as ANPAS e centros educativos do Concello de Cambre, que cumpran os seguintes requisitos:

1.- Carecer de fins de lucro.

2.- Desenvolver a súa actividade dentro do termo municipal de Cambre.

3.- Non ter pendente de xustificar a subvención municipal concedida no exercicio anterior, e no caso de que así fose, ter concedida unha prórroga ou ter desistido de forma motivada e por escrito.

4.- Estar ao día nas súas obrigas tributarias e coa seguridade social.

5.- Ter un mínimo de 15 socios (agás as entidades que pola súa natureza non lles sexa de aplicación). 

6.- Ter actualizados os datos no antedito Rexistro municipal, tendo en conta que toda modificación deberá comunicarse no mes seguinte ao seu acontecemento; e o orzamento e o programa anual de actividades comunicaranse no mes de xaneiro de cada ano, ou realizado no prazo de presentación da solicitude de subvención.

7.- Non estar incursa en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para obter a condición de beneficiario de subvencións (artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións).

As solicitudes de subvención presentaranse de xeito telemático a través da Sede Electrónica do Concello de Cambre (sede.cambre.es), no modelo normalizado que se atopará na propia sede.

Prazo de presentación: 12 de novembro de 2020 a 11 de decembro de 2020.

Nome: Solicitude de subvencións municipais a Entidades sen ánimo de lucro 2020.

Unidade tramitadora: Intervención.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de execución: 6 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                 cultura@cambre.org  - 981 613193