Sede electrónica Concello de Cambre

01:50:17 Sábado 23 de novembro 2024

Información

Desenvolvemento Socioeconómico

30/06/2022

Aprobación definitiva bases subvencións Asociacións Empresariais 2022

EXP: 2022/A002/000004

Subvencións municipais a asociación empresariais 2022 - Aprobación definitiva das bases

O Pleno municipal, na súa sesión ordinaria do día 28 de abril de 2022, acordou aprobar inicialmente as bases reguladoras da convocatoria pública de subvencións municipais a asociacións empresariais 2022 do Concello de Cambre, así como a súa convocatoria e modelos de solicitude e xustificación (anexos), e abrir un prazo de información pública e audiencia aos interesados de trinta días hábiles a partir do día seguinte á publicación do referido anuncio, co fin de que puideran presentarse as reclamacións e suxestións que estimasen oportunas, segundo o establecido no art. 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local. O anuncio de aprobación inicial publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 85, do 5 de maio de 2022.

As bases íntegras publicáronse no taboleiro de anuncios e páxina web municipais o 6 de maio de 2022.

Expostas as bases íntegras ao público durante trinta días no taboleiro de anuncios e na sede electrónica municipal https://sede. cambre.es/ (“Taboleiro de anuncios”), non se presentou ningunha reclamación ou suxestión,  polo que, de conformidade co establecido no art. 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, enténdense definitivamente aprobadas as Bases publicadas, dándose por cumprido o previsto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local.

A teor do previsto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, e artigo 196.2 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, publicouse integramente o texto das bases reguladoras e os modelos de solicitude (anexos) no Boletín Oficial da Provincia núm. 122 , do 29 de xuño de 2022, facendo constar que contra ese acordo non procedía recurso en vía administrativa, se ben podería impugnarse directamente ante a xurisdición contencioso - administrativa. O prazo para interpoñer o recurso contencioso - administrativo é de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia, e deberá presentarse ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, isto de conformidade co previsto no artigo 10.1.b) da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso - administrativa.


Xustificantes de Publicación: