Aprobación definitiva bases subvencións Consolida Cambre 2022
EXP: 2022/A002/000005
Programa de axudas municipais á consolidación de empresas do Concello de Cambre. Programa Consolida Cambre 2022 - Aprobación definitiva das bases
O Pleno municipal, na sesión ordinaria do día 28 de abril de 2022, aprobou inicialmente as bases reguladoras da convocatoria pública do Programa de axudas municipais á consolidación de empresas do Concello de Cambre, Programa Consolida Cambre 2022 e modelos de solicitude (anexos), publicándose o día 5 de maio de 2022 no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 85 a antedita aprobación inicial,
As bases íntegras publicáronse no taboleiro de anuncios e páxina web municipais o 6 de maio de 2022.
Abriuse entón un prazo de información pública e audiencia aos interesados de 30 días hábiles, que rematou o 17 de xuño de 2022, para a presentación de reclamacións ou suxestións, segundo o establecido no artigo 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local. Ao non presentarse nese período ningunha reclamación ou suxestión, enténdense definitivamente aprobadas,
A teor do previsto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 196.2 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, publicouse integramente o texto das bases reguladoras o día 29 de xuño de 2022 no Boletín Oficial da Provincia da Coruña núm. 122, facendo constar que contra este acordo non procedía recurso en vía administrativa, se ben podería impugnarse directamente ante a xurisdición contencioso - administrativa.
O prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo é de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia, e deberá presentarse ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, isto de conformidade co previsto no artigo 10.1.b) da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso - administrativa.