Aprobación definitiva da revisión das tarifas de aplicación ao servizo urbano de taxi
EXP: 2022/X999/000769
O Pleno municipal, en sesión ordinaria do 27 de xullo de 2023, aprobou definitivamente a revisión das tarifas de aplicación ao servizo urbano de taxi. De conformidade co disposto no acordo adoptado, as ditas tarifas foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia núm. 170, do 6 de setembro de 2023, así como no taboleiro de anuncios do Concello, para o seu coñecemento xeral e para os efectos oportunos.