Exposición ao público da aprobación provisional da modificación da ordenanza fiscal núm. 3, reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
“De conformidade co establecido no artigo 17 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Pleno da Corporación do Concello de Cambre, en sesión ordinaria do 22 de febreiro do 2018, adoptou, entre outros, os seguintes acordos:
Aprobar provisionalmente a modificación do artigo 2 da ordenanza fiscal nº 3 reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
A antedita modificación comezará a aplicarse a partir do día seguinte á publicación do anuncio no boletín oficial da provincia da súa aprobación definitiva, e manterase vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Expoñer ao público no taboleiro de anuncios do Concello o citado acordo provisional, así como o texto completo da ordenanza fiscal modificada durante o prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de exposición no Boletín Oficial da Provincia. Igualmente publicarase o de exposición nun diario dos de maior difusión da provincia.
Durante o período de exposición pública da ordenanza, os que teñan un interese directo, nos termos previstos no artigo 18 do Real decreto lexislativo 2/2004, poderán examinar o expediente e presentar as reclamacións oportunas. Transcorrido o período de exposición pública sen presentar reclamacións, os acordos adoptados quedarán definitivamente aprobados.
Publicar no Boletín Oficial da Provincia os acordos definitivos que, unha vez transcorrido o período de exposición pública proceda adoptar, así como o texto da ordenanza modificada”.