Sede electrónica Concello de Cambre

07:31:23 Martes 16 de xullo 2024
Estás en:

Información

Servizos Sociais

03/07/2020

Bases reguladoras de subvencións en materia de servizos sociais - Apertura de prazo de información pública e audiencia aos interesados.

O Pleno municipal, en sesión ordinaria do día 25 de xuño de 2020, aprobou inicialmente as bases reguladoras para a convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva en materia de servizos sociais para o exercicio 2020, así como a súa convocatoria e formularios de solicitude e xustificación.

O anuncio de aprobación inicial foi publicado no BOP núm. 100, do 3 de xullo de 2020, polo que o prazo de información pública e audiencia aos interesados permanecerá aberto do día 6 de xullo ao día 14 de agosto de 2020, ambos incluídos.