Sede electrónica Concello de Cambre

02:33:03 Sábado 23 de novembro 2024
Estás en:

Información

Servizos Sociais

03/07/2020

Modificación da ordenanza de apoio á inserción socio-familiar - Apertura de prazo de información pública e audiencia aos interesados.

O Pleno municipal, en sesión ordinaria do día 25 de xuño de 2020, aprobou inicialmente a modificación da ordenanza reguladora das medidas de apoio á inserción socio-familiar para persoas que participen no programa de intervención familiar.

O anuncio de aprobación inicial foi publicado no BOP núm. 100, do 3 de xullo de 2020, polo que o prazo de información pública e audiencia aos interesados permanecerá aberto do día 6 de xullo ao día 14 de agosto de 2020, ambos incluídos.