Sede electrónica Concello de Cambre

01:57:22 Sábado 23 de novembro 2024
Estás en:

Información

Servizos Sociais

19/04/2021

Aprobación inicial das bases da convocatoria de bonotaxi para persoas con diversidade funcional e mobilidade reducida, e convocatoria para o exercicio 2021.

O Pleno municipal, en sesión ordinaria de data 25 de febreiro de 2021, acordou aprobar inicialmente as bases da convocatoria de axudas económicas de bonotaxi para persoas con diversidade funcional reducida e convocatoria para o exercicio 2021.

Estas axudas económicas contan cun crédito orzamentario de 15.000 euros e un importe máximo a percibir a través dos bonos por persoa beneficiaria de 700 euros para este exercicio.

O prazo de presentación de solicitudes será do 20 de abril ao 7 de maio de 2021, ambos inclusive.

Ábrese un prazo de información pública e audiencia aos interesados de trinta días hábiles, a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, co fin de que poidan presentarse as reclamacións e suxestións que se estimen oportunas, segundo o establecido no art. 49 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora de bases de réxime local.

No caso de que non se presenten reclamacións ou suxestións ás bases que de seguido se relacionan, entenderanse definitivamente aprobadas e publicarase o correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co establecido no art. 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.