Modificación da ordenanza de limpeza viaria e ornato público - Apertura de prazo de información pública e audiencia aos interesados.
O Pleno municipal, en sesión ordinaria do día 25 de xuño de 2020, aprobou inicialmente a modificación da ordenanza de limpeza viaria e ornato público do Concello de Cambre.
O anuncio de aprobación inicial foi publicado no BOP núm. 100, do 3 de xullo de 2020, polo que o prazo de información pública e audiencia aos interesados permanecerá aberto do día 6 de xullo ao día 14 de agosto de 2020, ambos incluídos.