O procedemento de "autorización para ocupación da vía pública" ten como obxecto regular as ocupacións temporais das vías públicas con contedores ou cubas, protección de obras, estadas e provisións de materiais con ocasión da realización de calquera obra ou traballo, así como para a realización de actividades como mudanzas, carga e descarga de materiais, descargas de combustible, carga e descarga de material relacionado con obras, vehículos con formigón, etc.
Calquera persoa física e/ou xurídica que desexe solicitar unha licenza para a ocupación da vía pública.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Nome: Solicitude de licenza para ocupación da vía pública.
Unidade tramitadora: Urbanismo.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Prazo de resolución: 1 mes.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.