O procedemento Solicitude de cabanas castrexas durante a celebración da VI Romaría galaico romana "Galaicoi" ten obxecto regular o procedemento de solicitude e posta a disposición das cabanas castrexas coas que conte o concello de Cambre na VI edición de celebración da romaría galaico romana “Galaicoi”.
Persoas xurídicas (asociacións, fundacións, organizacións non gubernamentais, agrupacións deportivas, culturais, políticas, etc.) xuridicamente constituídas e inscritas no rexistro correspondente e as persoas físicas (particulares).
De forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática podrá descargar os impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán os ditos impresos normalizados para presentar.
Prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes poderán presentarse entre os días 1 de xullo de 2023 e o 10 de xullo de 2023, ambos incluídos.
No caso de recibirse solicitudes fóra do prazo establecido, estas incluiranse por orde de recepción nunha listaxe de agarda, a continuación das solicitudes recibidas en prazo.
Nome: Solicitude de cabanas castrexas durante a celebración da VI Romaría galaico romana "Galaicoi"
Unidade tramitadora: Axencia de Desenvolvemento Local.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa xurídica ou física.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite) / Presencial.