1. CAMPAMENTO DE VERÁN - Pequenos: O Grove (Pontevedra)
DESTINATARIOS/AS: 50 prazas para mocidade nada entre os anos 2012 e 2015
DATAS DO CAMPAMENTO: do 2 ao 7 de xullo de 2024
ALOXAMENTO: Camping Playa Paisaxe II. Situado no municipio do Grove (Pontevedra), no lugar da Igrexa, san Vicente do Grove, ao lado da praia Area Grande. Maís información en: www.campingplayapaisaxe.com
ACTIVIDADES: Será un campamento con actividade náutica (vela, windsurf e kaiak) con xogos, obradoiros, veladas, acampada, rutas, actividades deportivas ...
PREZO DA ACTIVIDADE:
|
Empadroado |
Non empadroado |
Tarifa xeral |
146,00 € |
182,50 € |
Carné OMIX, Fam. num., AAXX |
73,00 € |
------- |
Desempregado/a, Voluntariado |
102,20 € |
------- |
Carné xove |
109,50 € |
146,00 € |
O prezo inclúe:
2. CAMPAMENTO DE VERÁN - Maiores: O Grove (Pontevedra)
DESTINATARIOS/AS: 50 prazas para mocidade nada entre os anos 2007 e 2011
DATAS DO CAMPAMENTO: do 13 ao 24 de xullo de 2024
ALOXAMENTO: Camping Playa Paisaxe II. Situado no municipio do Grove (Pontevedra), no lugar da Igrexa, san Vicente do Grove, ao lado da praia Area Grande. Maís información en: www.campingplayapaisaxe.com
ACTIVIDADES: Será un campamento con actividade náutica (vela, windsurf e kaiak) con xogos, obradoiros, veladas, acampada, rutas, actividades deportivas ...
PREZO DA ACTIVIDADE:
|
Empadroado |
Non empadroado |
Tarifa xeral |
296, 00 € |
370,00 € |
Carné OMIX, Fam. num. , AAXX |
148,00 € |
222,00 € (só membros AAXX) |
Desempregado/a, Voluntariado |
207,20 € |
281,20 € (só voluntariado) |
Carné Xove |
222,00 € |
296,00 € |
O prezo inclúe:
Maiores de idade ou Pai/Nai/Titor dos rapaces e rapazas.
Prazo de solicitude: Do 2 ao 13 de maio de 2024.
Vía telemática a través del botón “Iniciar trámite”.
En calquera dos rexistros municipais ou por calquera dos medios establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo das administracións públicas.
Se a solicitude se presenta a través dun rexistro doutra administración, deberá enviarse unha copia da solicitude por correo electrónico ao enderezo omix@cambre.org e chamar ao número 981 613 170 co fin de comprobar a recepción da solicitude.
Debes acreditarse o desconto que se solicite presentando o documento orixinal.
Outras datas de interese:
- O martes 14 de maio, ás 12 horas: Publicación do listado provisional de solicitudes admitidas. Debes comprobar que apareces no listado de solicitudes e/ou que os datos son os correctos (nome e apelidos, se é a primeira vez ou non que acude a un campamento da omix, etc...). Poderás velos nos taboleiros das casas de xuventude de Cambre (Casa Arrigada e Casa das Palmeiras) ou na app OMIX Cambre. Tes ata o día 16 de maio, ás 14 horas, para a corrección dos erros que detectes e confirmar que apareces no listado)
- O luns 20 de maio: a partir das 12 horas, publicarase o listado definitivo de solicitudes admitidas.
- Sorteo público (só no caso de que haxa mais solicitudes que prazas), o martes 21 de maio, ás 12 horas, na OMIX, situada na Casa Arrigada (Cambre). Terán prioridade, no caso de sorteo, as solicitudes dos/as rapaces/zas que nunca foron ao campamento da OMIX. Cada intervalo de idade conta coma un campamento novo coa seguinte orde de preferencia:
1º.- Persoas empadroadas no Concello de Cambre que participan por vez primeira
2º.- Persoas empadroadas no Concello de Cambre que xa participaron en edicións anteriores do campamento da omix
3º.- Persoas non empadroadas que estudien no termo municipal que participan por vez primeira
4º.- Persoas non empadroadas que estudien que xa participaron en edicións anteriores do campamento da omix
5º.- Non Empadroados no Concello de Cambre que participan por primeira vez
6º.- Non Empadroados no Concello de Cambre que xa participaron en edicións anteriores do campamento da omix
Os campamentos que teñan un número igual ou menor de solicitudes ás das prazas ofertadas as prazas adxudicaránse automaticamente.
COMO FACER A INSCRICIÓN DEFINITIVA: As persoas que obtiveran praza no sorteo non teñen que facer nada, a non ser que sexa a primeira vez que asistan a unha actividade da OMIX; nese caso deberán presentar o FIPAX dixitalizado, cuberto e asinado (unha vez que obtiveches a praza para o campamento) e o resto de documentación asociada (DNI, tarxeta sanitaria, foto carné). O documento podese enviar ao correo electrónico: actividadesomix@cambre.org
Os/as inscritos/as que xa teñen o FIPAX entregado por ser participantes nos programas xuvenís municipais deben asegurarse que os datos da ficha están actualizados (teléfonos de contacto, alerxias, intolerancias, etc...).
No caso de que por calquera motivo teñan que renunciar á praza disporán ata o xoves 13 de xuño, ás 14 horas. A renuncia á praza do campamento farase ben en persoa (na OMIX - Casa Arrigada - ou na Casa das Palmeiras) presentando un escrito ou asinando a renuncia na solicitude, ou ben por correo electronico no seguinte enderezo: actividadesomix@cambre.org
MOI IMPORTANTE: Ás prazas que non renuncien en tempo e forma se lles pasará o recibo da actividade aínda que non acudan ao campamento.
Lista de agarda – A partir do día 14 de xuño, venres. No caso de que existan prazas libres chamarase ao/as teléfono/s que conste/n na solicitude. Cando se chame a alguén da lista de agarda (máximo 3 chamadas a diferentes horas) éste disporá dun máximo de 24 horas para aceptar/renunciar á praza. Pasado ese tempo entenderase automaticamente rexeitada.
Nome: Solicitude de inscrición en actividades xuvenís
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Departamento: OMIX omix.cambre.es
Contacto: Teléfono Omix-Casa Arrigada: 981 613 170
Teléfono Pmix-Casa das Palmeiras: 981 650 269
Correo electrónico: omix@cambre.org
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)
Presencial.