Sede electrónica Concello de Cambre

21:52:32 Sábado 21 de xuño 2025
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición nos Campamentos de Verán 2025

Non hai convocatorias abertas actualmente

Programa de conciliación da vida laboral e familiar no que se realizarán actividades lúdico-deportivas e culturais relacionadas co Verán, nas vacacións escolares do Verán.

  • 1ª quenda: Do 1 ao 15 de xullo de 2025, ambos incluidos (11 días).
  • 2ª quenda: Do 16 ao 31 de xullo de 2025, ambos incluidos (11 días) agás o 25 que é festivo.
  • 3ª quenda: Do 1 ao 14 de agosto de 2025, ambos incluidos (10 días), o día 15 de agosto é festivo.
  • 4ª quenda: Do 18 ao 29 de agosto de 2025, ambos incluidos (10 días).

Importante: Poderase solicitar como máximo 3 quendas por participante. Para solicitar as catro quendas deberá estar debidamente xustificado por motivos de conciliación da vida laboral ou persoal ou familiar para o que deberá presentar a documentación que acredite a necesidade.

Prazo de solicitude: do 03 ao 09 de xuño de 2025

Fóra deste prazo poderán presentarse igualmente as solicitudes, ainda que a selección será por orde de inscrición e no caso de non haber prazas pasará a lista de agarda.

Vía telemática a través do botón “Iniciar trámite”.
Presencialmente en calquera dos rexistros de entrada municipais para o que pode solicitar previa cita a través da páxina web municipal, ou chamando ao nº de teléfono 981 613 128.
Por calquera dos medios establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.

  • Solicitude de inscrición “Campamento urbano de verán 2025”.
  • Documentación acreditativa do núm. IBAN da conta bancaria.
  • Documentación necesaria para acreditar as reducións marcadas na solicitude de inscrición.
  • Só se solicitan reducción da tarifa da comida: Autorización asinada polo/a solicitante e todos os membros da unidade familiar para que o Concello de Cambre solicite o nivel de renda á Axencia Tributaria do ano 2023 e Libro de Familia completo (no caso de separación ou divorcio, a sentencia onde conste os datos dos ingresos percibidos por concepto de manutención ou outros a poder ter en conta).

Nome: Solicitude de inscrición nos Campamentos de Verán 2025.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Departamento: Educación (Teléfono 981 613 291)

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                  Presencial.