Sede electrónica Concello de Cambre

00:14:15 Venres 27 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude axudas municipais a consolidación de empresas. Programa Consolida Cambre 2023

Non hai convocatorias abertas actualmente

A convocatoria de subvencións municipais á consolidación de empresas do Concello de Cambre, Programa “Consolida Cambre 2023”, ten por obxecto, por unha banda, apoiar a consolidación de empresas de recente creación do noso municipio e fomentar a actividade económica de acordo ao disposto na Lei 14/2013, do 27 de setembro, de apoio aos emprendedores e a súa internacionalización e na Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia (capítulo VII art. 16).

Instruccións

As axudas obxecto desta liña subvencionarán ata o 100% das cotas pagadas nos 18 primeiros meses de actividade, que poderán coincidir cos anos 2020, 2021, 2022 e 2023.

A cantidade a subvencionar nunca poderá exceder o importe máximo por persoa beneficiaria de 2.500,00 €.

As cotas serán as correspondentes ao RETA ou á mutualidade do colexio profesional de que se trate, ata o esgotamento dos fondos.

Para as cotas das mutualidades dos colexios profesionais tomarase como base para subvencionar o mesmo importe que a sinalada para o RETA, no caso de que aquela excedese a contía desta. En caso contrario, só será subvencionable ata o 100 % da contía realmente aboada como cota na mutualidade correspondente, ata o esgotamento dos fondos.

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Cambre, no apartado correspondente subvencións, Programa Consolida Cambre 2023.

Prazo de presentación de solicitudes do 11 de novembro ata o 11 de decembro de 2023.

  • Solicitude (Anexo I).
  • As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:
    • DNI ou NIE da persoa solicitante.
    • CIF, no caso de pertencer a sociedades mercantís e non mercantís, e escrituras de constitución debidamente rexistradas. No caso de sociedades mercantís: certificado de nomeamento ou documento xustificativo da persoa que asina a solicitude no nome da sociedade.
    • Certificado de Declaración de situación censual de alta na Axencia Tributaria actualizado.
    • Informe de vida laboral do beneficiario/a actualizado.
    • Documento electrónico emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social das cotas de autónomos abonadas ou documento acreditativo da Mutualidade correspondente ao colexio profesional do que se trate das 18 primeiras cotas aboadas dende a súa alta como autónomo.
    • Documento bancario acreditativo do número IBAN en conta bancaria, titularidade do interesado.
    • No caso de ter solicitada a prestación por desemprego na súa modalidade de pagamento único, deberán presentar a resolución de concesión.
    • Calquera outra documentación que se lle requira por parte do Concello de Cambre.

Declaración Responsable (Anexo II)

Se a actividade se desenvolve a través de sociedade, sexa cal sexa a súa forma xurídica, deberá presentarse a autorización da comprobación do cumprimento das súas obrigas tributarias pola persoa xurídica, asinada polo representante desta, e coa Seguridade Social e o Concello de Cambre. (Anexo II a nome do solicitante e a nome da Sociedade).

Declaración Responsable Comprensiva doutras Axudas (Anexo III)

Declaración compresiva do conxunto de todas as axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo proxecto ou actividade, polas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, ou de ser o caso, unha declaración de que non solicitou nin percibiu outras axudas ou subvencións (Anexo III a nome do solicitante e a nome da Sociedade).

Declaración Aceptación da Axuda (Anexo IV)

Notificada a resolución polo órgano competente, as persoas propostas como beneficiarias disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación de conformidade, mediante a presentación da solicitude asinada de aceptación conforme ao modelo de Anexo IV. As persoas beneficiarias que no momento de presentar a solicitude marquen a casilla correspondente a aceptación da subvención no impreso Anexo II. Declaración responsable, estarán eximidas de presentar o dito anexo IV.

Declaración Responsable do Cumprimento da Finalidade da subvención conta xustificativa (Anexo V)

Os cidadáns quedarán eximidos da presentación de calquera dos documentos que se establecen nas bases cando algún dos documentos requiridos se atoparan en poder do propio Concello, para o que deberán manifestar o expediente no que se constan presentados.

Nombre: Solicitud ayudas municipales a la consolidación de empresas. Programa Consolida Cambre 2023.

Inicio del procedimiento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Personas físicas.

Canales de atención: Telemático (Iniciar trámite).