Sede electrónica Concello de Cambre

00:17:46 Venres 27 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea do alumnado traballador do obradoiro de emprego dual "PROXEDIS-CAMBRE" (PROFESIONAIS EN XERIATRÍA E DISCAPACIDADE) 2022/2023

Non hai convocatorias abertas actualmente

Presentación de solicitudes de axuda a través de incentivos á contratación temporal por conta allea do alumnado traballador do obradoiro dual de emprego "PROXEDIS-CAMBRE" (PROfesionais en XEriatría e DIScapacidade) 2022/2023 do Concello de Cambre. A convocatoria ten por obxecto facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas desempregadas participantes ou que tivesen participado no obradoiro dual de emprego "PROXEDIS-CAMBRE 2022/2023 (PROfesionais en XEriatría e DIScapacidade)" facilitando a súa contratación temporal cunha duración mínima de 3 meses a formalizar entre o 30 de setembro e o 14 de outubro de 2023.

De forma telemática a través do botón "Iniciar trámite", do 19 de xullo ao 24 de xullo de 2023. As solicitudes de axudas presentaranse na sede electrónica (https://sede.cambre.es/) do Concello de Cambre. Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar durante a tramitación dos procedementos previstos nestas bases deberán realizarse electrónicamente

As contratacións temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500,00 € por cada traballador/a, correspondente a un contrato mínimo de 3 meses a xornada completa. O número máximo de contratos temporais a incentivar con cargo á presente convocatoria será de cinco por entidade participante.

Nome: Solicitude de axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea do alumnado traballador do obradoiro de emprego dual "PROXEDIS-CAMBRE" (PROFESIONAIS EN XERIATRÍA E DISCAPACIDADE) 2022/2023.

Inicio do procedemento: A Instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persona física ou xurídica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).