Presentación de solicitudes de axuda a través de incentivos á contratación temporal por conta allea do alumnado traballador do obradoiro dual de emprego “PROXEDIS SOCIO Sanitario-Educativo II” 2024/2025 do Concello de Cambre. A convocatoria ten por obxecto facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas desempregadas participantes ou que tivesen participado (co resultado de apto/a) no obradoiro dual de emprego “PROXEDIS SOCIO Sanitario-Educativo II” 2024/2025 do Concello de Cambre, facilitando a súa contratación temporal cunha duración mínima de alta en Seguridade Social de 3 meses a formalizar entre o 1 e o 15 de setembro de 2025.
Contía:
As contratacións temporais incentivaranse cunha subvención fixa de 1.500,00 € por cada traballador/a, correspondente a un contrato mínimo de 3 meses a xornada completa. O número máximo de contratos temporais a incentivar con cargo á presente convocatoria será de cinco por entidade participante.
De forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". As solicitudes de axudas presentaranse na sede electrónica (https://sede.cambre.es/) do Concello de Cambre. Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar durante a tramitación dos procedementos previstos nestas bases deberán realizarse electrónicamente
Nome: Solicitude de axudas a través de incentivos á contratación temporal por conta allea do alumnado traballador do obradoiro dual de emprego “PROXEDIS SOCIO Sanitario - Educativo II” 2024/2025.
Inicio do procedemento: A Instancia de parte.
Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).