Sede electrónica Concello de Cambre

21:42:39 Venres 22 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de participación no XV concurso de escaparates do Nadal 2023

Non hai convocatorias abertas actualmente

O Concello de Cambre, por medio da súa Axencia de Desenvolvemento Local, ven promovendo distintas actuacións de cara a dinamizar o comercio, os servizos e a hostalería durante o Nadal dende o ano 2002, debido ao elevado peso específico destes sectores dentro do seu territorio. O concurso de escaparates de Nadal, que alcanza a súa edición decimo quinta, ten por obxecto incentivar ás persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos comercias, hostaleiros e de servizos persoais do municipio para que decoren os seus locais, tendo en conta a importancia que ten a súa imaxe sobre os/as compradores/as e, polo tanto, sobre o volume de vendas, especialmente nas datas tan significativas que o Nadal representa, contribuíndo ademais a mellorar a humanización dos espazos comerciais do municipio.

De forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". De conformidade co disposto na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas, lembrámoslle que, en todo caso, están obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións públicas as persoas xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica, entre outras (sendo polo tanto esta a modalidade de presentación obrigatoria para as persoas xurídicas).

Presencialmente no Rexistro do Concello de Cambre, presentando unha solicitude de inscrición segundo o modelo de anexo a estas bases.

A solicitude deberá presentarse polo autónomo ou empresario individual ou polo representante legal da empresa, en caso de que o participante sexa unha persoa xurídica.

Unha vez rematado o prazo de inscrición elaborarase unha listaxe de establecementos participantes.

A inscrición no concurso será gratuíta.

Xunto coa solicitude, deberán achegarse dúas fotografías do escaparate do establecemento, unha diúrna e outra nocturna, en formato JPG ou PNG. Ditas fotografías cederanse ao Concello de Cambre para a súa publicación na páxina web municipal ou na ferramenta que se designe de cara a tomar parte no premio de votación popular ou para posteriores publicacións ou campañas do Concello. Por tal razón, quedarán automaticamente excluídas as fotografías nas que aparezan persoas. As fotografías obtidas no poderán ser alteradas electrónicamente nin por calquera outro medio, non admitíndose fotomontaxes nin tampouco fotografías que non se axusten á finalidade do Concurso e ás presentes Bases.

Dende o día 1 ao día 15 de decembro de 2023, ambos incluídos.

Premios

Establécense tres modalidades de premios dotados coas seguintes contías:

  • Primeira modalidade: Premios (1º, 2º e 3º).
  • Primeiro premio: 1.000,00 euros (mil euros).
  • Segundo premio: 700,00 euros (setecentos euros).
  • Terceiro premio: 500,00 euros (cincocentos euros).

Segunda modalidade: Accésits

  • Accésit ao máis sostible: 400,00 euros (catrocentos euros).
  • Accésit á adecuación ao produto: 400,00 euros (catrocentos euros).

Terceira modalidade: Votación popular

  • Premio por votación popular:1.000,00 € (mil euros)

Ao importe destes premios aplicaranse as retencións previstas na normativa tributaria vixente, aboándose ás persoas gañadoras o importe líquido resultante unha vez practicadas as retencións legalmente establecidas.

Un mesmo establecemento non poderá resultar premiado en máis dunha modalidade do Concurso.

  • Solicitude Xeral.
  • Solicitude de participación no XIV Concurso de escaparates (Anexo I).
  • Dúas fotografías do escaparate do establecemento, unha diúrna e outra nocturna, en formato JPG.

Nome: Solicitude de participación no XV concurso de escaparates do Nadal 2023 do Concello de Cambre.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).