O Concello de Cambre, por medio da súa Axencia de Desenvolvemento Local, ven promovendo distintas actuacións de cara a dinamizar o comercio, os servizos e a hostalería durante o Nadal dende o ano 2002, debido ao elevado peso específico destes sectores dentro do seu territorio. O concurso de escaparates de Nadal, que alcanza a súa edición decimo sexta, ten por obxecto incentivar ás persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos comercias, hostaleiros e de servizos persoais do municipio para que decoren os seus locais, tendo en conta a importancia que ten a súa imaxe sobre os/as compradores/as e, polo tanto, sobre o volume de vendas, especialmente nas datas tan significativas que o Nadal representa, contribuíndo ademais a mellorar a humanización dos espazos comerciais do municipio.
Todos os establecementos comerciais, de servizos persoais e de hostalería que desenvolvan a súa actividade económica no termo municipal de Cambre, decoren os seus escaparates, e que reúnan os seguintes requisitos:
De forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". De conformidade co disposto na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas, lembrámoslle que, en todo caso, están obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións públicas as persoas xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica, entre outras (sendo polo tanto esta a modalidade de presentación obrigatoria para as persoas xurídicas).
Presencialmente no Rexistro do Concello de Cambre, presentando unha solicitude de inscrición segundo o modelo de anexo a estas bases.
A solicitude deberá presentarse polo autónomo ou empresario individual ou polo representante legal da empresa, en caso de que o participante sexa unha persoa xurídica.
Unha vez rematado o prazo de inscrición elaborarase unha listaxe de establecementos participantes.
A inscrición no concurso será gratuíta.
Xunto coa solicitude, deberán achegarse unha fotografía do escaparate do establecemento, en formato dixital JPEG, PNG OU similar. A fotografía poderá presentarse xunto coa solicitude electrónica ou remitirse por correo electrónico ao enderezo adl@cambre.org para a súa incoporación á web ou ferramenta habilitada ao efecto polo Concello. En todo caso, o envío deberá efectuarse dentro do prazo de inscrición. Ditas fotografías cederanse ao Concello de Cambre para a súa publicación na páxina web municipal ou na ferramenta que se designe de cara a tomar parte na modalidade de premio de votación popular ou para posteriores publicacións ou campañas do Concello. Por tal razón, quedarán automaticamente excluídas as fotografías nas que aparezan persoas que non teñan autorización de uso da súa imaxe. As fotografías obtidas no poderán ser alteradas electrónicamente nin por calquera outro medio, non admitíndose fotomontaxes nin tampouco fotografías que non se axusten á finalidade do Concurso e ás presentes Bases.
Dende o día 1 ao día 16 de decembro de 2024, ambos incluídos.
Premios
Establécense tres modalidades de premios dotados coas seguintes contías:
Primeira modalidade: Premios (1º, 2º e 3º).
A adxudicación dos premios primeiro, segundo e terceiro farase en función dos puntos a outorgar en cada un dos seguintes criterios por parte do xurado:
Segunda modalidade: Accésits
A adxudicación dos accésits farase polo xurado en función da apreciación dos criterios que se indican para cada un deles, resultando gañadores aqueles establecementos que obteñan respectivamente unha maior puntuación:
Terceira modalidade: Votación popular
Ao importe destes premios aplicaranse as retencións previstas na normativa tributaria vixente, aboándose ás persoas gañadoras o importe líquido resultante unha vez practicadas as retencións legalmente establecidas.
Un mesmo establecemento non poderá resultar premiado en máis dunha modalidade do Concurso.
Nome: Solicitude de participación no XVI concurso de escaparates do Nadal 2024 do Concello de Cambre.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).