Sede electrónica Concello de Cambre

22:01:44 Domingo 4 de xuño 2023
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de subvencións en materia de servizos sociais 2023

Subvención en réxime de concorrencia competitiva en materia de servizos sociais do Concello de Cambre dirixida a asociacións que desenvolvan proxectos para dar resposta aos problemas e reducir o risco de posibles situacións de pobreza e exclusión social dos sectores de poboación máis afectados pola crise sanitaria, reforzando os servizos sociais cun apoio máis intenso ás persoas en risco de pobreza e exclusión social no Concello de Cambre.

As actividades obxecto de subvención serán as realizadas entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2023.

As solicitudes presentaranse a través do rexistro telemático a través dalgún dos seguintes enderezos electrónicos:

https://sede.cambre.es

https://rec.redsara.es/registro

Prazo: 1 mes a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP a través da BDNS.

Fase solicitude:

  • Anexo I – Solicitude de subvención.
  • Anexo II – Declaración de comprobación de delitos de natureza sexual.
  • Anexo III – Declaración responsable das subvencións ou axudas solicitadas e/ou concedidas para o mesmo obxecto.
  • Anexo IV – Proxecto/memoria para o que se solicita a subvención.
  • Anexo V – Orzamento previsto dos gastos e ingresos desagregado por conceptos.
  • Outra documentación: Copia documento acreditativo da inscrición no rexistro de entidades correspondente; CIF; estatutos; acreditación da capacidade do representante legal.
  • No caso de non autorizar a súa consulta no Anexo I: Certificados de estar ao corrente coa Axencia Tributaria, Tesourería xeral da Seguridade Social e Facenda da Xunta de Galicia.

Fase xustificación:

  • Anexo VI – Formulario de xustificación da subvención municipal 2023 en materia de servizos sociais.
  • Anexo VII – Memoria das actividades e/ou programas realizados.
  • Anexo VIII – Certificado de gastos realizados.
  • Anexo IX – Certificado de cumprimento coa finalidade obxecto da subvención e outras subvencións e axudas para o mesmo obxecto.
  • Outra documentación: Facturas, xustificantes de pago, nóminas, DLC e RNT, modelos 111, cartel acreditativo da publicidade, certificación bancaria con número de conta.

Nome: Solicitude de subvencións en materia de servizos sociais 2023.

Unidade tramitadora: Oficina de Servizos Sociais:

  • Teléfonos: 981 654 812
  • ser_sociales@cambre.org

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoas xurídicas.

Órgano de resolución: Alcaldía ou Concellería Delegada.

Carácter silencio administrativo:
Silencio negativo.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).